Helenismos

FILOLOXÍA
Do grego φίλος, amigo, e λόγος, palabra.

É a ciencia que se ocupa dos textos escritos, a través dos cales se pretende construír, o máis fielmente posible, a cultura que deu lugar a eses textos e que xorde nos mesmos.

O filólogo sérvese, polo tanto, do estudo da linguaxe, a literatura e demais manifestacións escritas, en canto constitúen a expresión dunha comunidade cultural determinada.

Escollín este helenismo porque quero estudar filoloxía francesa para ser profesora de francés :)
Como non atopei ningunha foto sobre este helenismo...decidín poñer un video de Edith Piaf..un dos motivos que me empuxou a idolatrar o francés.

<object width="425" height="344">
<param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/CqTLqRFKjAU&hl=en" />
<param name="wmode" value="" /><embed src="http://www.youtube.com/v/CqTLqRFKjAU&hl=en" wmode="" type="application/x-shockwave-flash" width="425" height="344"></embed></object>

Comments

ANOREXIA
Provén do grego ἀν- (negación) mais ὄρεξις (apetito). É un síntoma frecuente en multitude de enfermidades e situacións fisiolóxicas consistentes na diminución do apetito, o que pode conducir a unha diminución da inxesta de alimentos.

Como xa dixen, pode aparecer en moitas enfermidades de carácter fisiolóxico (depresión endóxena) mais as causas mais frecuentes da súa aparición, na actualidade, son trastornos psicolóxicos como a depresión esóxena ou a anorexia nerviosa.

É unha das enfermidades psicolóxicas mais duras e complexas de curar. Os pacientes adoitan ser mulleres de entre 15 e 30 anos. A súa terapia é longa e ás veces os seus síntomas non desaparecen por completo.

As causas do comezo desta enfermidade son moi diversas, mais adoitan ser unha baixa autoestima e un exceso de autoesixencia.

As súas consecuencias son terribles para o organismo, entre elas, unha diminución considerable do peso, deficiencia de vitaminas e substancias necesarias para un correcto funcionamento dos órganos vitais, etc. Debido ao provocamento do vómito, moi habitual nesta enfermidade, tamén se desgasta o esófago e todo o aparato dixestivo debido á bile.

A nivel psicolóxico as súas consecuencias tamén son nefastas, pois a deformación  perceptiva do volume do corpo é moi difícil de curar e superar.

Ben, elixín este helenismo porque na sociedade actual os índices de anorexia son cada vez mais preocupantes e ademais os comezos son a idades máis temperás aínda…

Creo que é unha das enfermidades mentais “de moda” e debido, en moitos casos, á presión da moda e da publicidade que “obrigan” a ter unhas medidas antinaturais…

Comments

MISANTROPÍA
A misantropía (do grego μῖσος, «odio», e ἄνθρωπος, «home, ser humano») é unha tendencia social e psicolóxica caracterizada por unha antipatía xeral cara a especie humana.
Pode ser lixeira ou marcada, así como pode ter características moi diferentes que van dende o inofensivo ate a crítica social ou no seu defecto dende o sectarismo ate a autodestrución.

Elixín este helenismo porque me parece moi interesante.
Creo que eu mesma podo considerarme en certa medida un pouco misántropa, porque o ser humano ten unha natureza abominable e desdeñosa.
As malas accións que comete o ser huamno guiado a cegas polo seu egoísmo nato só alimentan a miña misantropía neste aspecto...nun aspecto lixeiro claro...onde vexo ao ser humano como un ser malvado...egoísta...
E as decepcións continuas das persoas son tan numerosas que un mesmo acaba replantexándose ate que punto o ser humano é diferente do animal, porque creo que éste ao menos non dana por placer.
Podería continuar pero véxoo unha perda de tempo, pois quizais é dificil de entender a miña posición.
Presas da nosa propia besta.

Deica

Comments

APATÍA
Procede do prefixo grego de negación ἀ- e de πάθος, que significa sentimento. A apatía é a falta de emoción, de sentimento. É un termo psicolóxico para un estado de indiferencia, no que un individuo non responde a aspectos da vida emocional, social ou física. O aspecto físico da apatía asóciase co deterioro físico, a perda de musculatura e a falta de enerxía chamada letarxia, que ten moitas causas patolóxicas tamén.

Considérase apatía clínica nun nivel moderado, depresión nun nivel elevado e, nos casos extremos, denomínase trastorno disociativo. A apatía pode ser específica, cara a unha persoa, actividade ou contorno. É unha reacción común ante o estrés, manifestándose como impotencia aprendida, e está comunmente relacionada coa depresión.

Encántame este helenismo! Eu son un pouco escéptica co significado estricto da palabra, pois creo que a apatía é esa sensación de "dáme todo igual", "non sufro por nada" e, ao meu parecer, é un estado de paz total, no que eu me meto moi a miúdo...

Comments

TELEPATÍA
Do grego τῆλε, ‘distante’ e πάθος, ‘sentimento’. É un termo que se refire á capacidade mental dos humanos e outras criaturas de comunicar información dunha mente a outra sen o uso de ferramentas adicionais como a fala ou a linguaxe corporal. Considerada como unha forma de percepción extrasensorial, a telepatía relaciónase a miúdo con diversos fenómenos paranormais como a clarividencia.

Aínda que se levaron a cabo moitos experimentos científicos sobre a telepatía, a existencia da mesma non é aceptada pola inmensa maioría dos científicos. Na actualidade sábese que as magnitudes de enerxía que o cerebro humano é capaz de producir resultan insuficientes para permitir a transmisión de información.

Moitas veces dicimos eso de “telepatía” cando por casualidade dúas persoas estabamos a pensar o mesmo, por iso elixín esta palabra, mais iso non significa que crea neste fenómeno eh!

Comments

Zodiaco
Do grego ζῴδιον, diminutivo de ζῷον, animal.

É unha banda sobre a esfera celeste que se estende de oito a nove graos a ambos lados da eclíptica; por ela desprázanse o Sol e os planetas.
O concepto de zodíaco foi orixinariamente proposto polos babilónicos, antes do 2000 a.C., como un calendario co que visualizar o paso do tempo.
En astroloxía as constelacións do zodíaco definen os doce signos zodiacais utilizándose historicamente como método de adiviñación e confección de horóscopos.

Esta actualización é un pouco surrealista...O luns, martes o mércores non fun a clase xa que estaba enferma...hoxe é xoves..e son as 6 da mañá...non é que estea mal o reloxo jajajajaja
Non puiden durmir da alerxia que teño..e xa que estou toda a noite en vela, pois actualizo.

Deica!

Comments

TOCOLOXÍA
Tocoloxía (do grego τóκος, parto, e λóγος, ciencia)

A tocoloxía é a especialidade médica que se ocupa do embarazo, parto e puerperio (período que transcorre dende o parto ata que a muller volve ao seu estado ordinario anterior á xestación).
Tamén comprende os aspectos psicolóxicos e sociais da maternidade.
Os médicos especializados no parto chámanse obstetras, sendo case todos eles tamén xinecólogos.
O persoal de enfermería especializado en atender os partos normais chámanse matrona ou matrono.

Comments

TANATOLOXÍA
O concepto tanatoloxía procede do grego θάνατος, morte, e λóγoς, ciencia. Ciencia encargada do estudo da morte. Termo acuñado polo ruso Elie Metchnikoff (1901).

Tanatoloxía é a disciplina que estuda o fenómeno da morte nos seres humanos e está enfocada a establecer entre o enfermo en tránsito de morte, a súa familia e o persoal médico que o atende, un lazo de confianza, esperanza e bos coidados que axuden a morir con dignidade.

Os obxetivos da tanatoloxía céntranse na calidade de vida do enfermo, e débense evitar tanto a prolongación innecesaria da vida como o seu acurtamento deliberado.

Comments

NIGROMANCIA
Nigromancia (do grego νεκρός morto, e μαντεία, adiviñación)

A nigromancia é unha rama da maxia, considerada xeralmente negra, que consiste na adiviñación mediante a consulta aos mortos e aos seus espíritos ou cadáveres.

A nigromancia é o apartado da arte que se adica ao estudo da morte, e céntrase no control dos mortos (xa sexa en axudarse con eles, como o control psíquico da materia morta ou espiritual).

Comments

PATRIARCA
Patriarca, do grego πατριάρχης, formado á súa vez de πατήρ, πατρός, pai e ἄρχω, mandar.

1. Persoa que pola súa idade e sabiduría exerce autoridade nunha familia ou nunha colectividade.

2. Algún dos personaxes do Antigo Testamento que foron cabezas de numerosas familias.

3. Dignidade dos bispos dalgunhas igrexas principais, como as de Alexandría, Xerusalén e Constantinopla.

4.Título de dignidade concedido polo Papa a algúns prelados sen exercicio nin xurisdicción.

5.Fundador dalgunha orde relixiosa.

Comments

AUTISMO
Autismo (do grego αὐτός , un mesmo).

O autismo é unha desorde do desenvolvemento do cerebro que comeza nos nenos antes dos tres anos de idade e que deteriora a súa comunicación e interacción social causando un comportamento restrinxido e repetitivo. Pode clasificarse de diversas formas, como unha desorde no desenvolvemento neurolóxico ou unha desorde no aparato psíquico.

Comments

ARCANXO
Arcanxo, do grego ἀρχάγγελος,  formado á súa vez de ἄρχω, mandar, e ἄγγελος, anxo.

Nas relixións xudía, cristiá e islámica, os arcanxon son unha categoría de anxos. Constitúen un dos nove coros da xerarquía. Os acanxos son os penúltimos, antes dos propios anxos (tal e como o indica o prefixo arc-, que significa superior).

Considérase que os arcanxos son sete, pero difiren de nome entre as diferentes relixións. Os tres aceptados por todas son:

Miguel, xefe da milicia celestial.
Gabriel, o mensaxeiro celestial.
Rafael, protector dos viaxeiros e do noivado.

Comments

Astrolabio
Do grego ἄστρον, estrela, e λαβεῖν atopar.

O astrolabio é un instrumento que permite ver as posicións das estrelas sobre a bóveda celeste.

Durante os séculos XVI e XVIII o astrolabio foi utilizado como o principal instrumento de navegación até a invención do sextante.

Os astrolabios eran usados para saber a hora e podían usarse tamén para determinar a latitude a partir da posición das estrelas.

Comments

Clepsidra
Do grego κλεψύδρα, reloxo de auga.

Os reloxos de auga ou clepsidras datan da antigüidade exipcia e usábanse especialmente durante a noite. Os primeiros reloxos de agua consistiron nunha vaixela cerámica que contiña auga até certo nivel, cun orificio na base dun tamaño adecuado para asegurar a saída do líquido a unha velocidade determinada e, polo tanto, nun tempo prefixado. O recipiente dispoñía no seu interior de varias marcas de tal maneira que o nivel da auga indicaba os diferentes períodos, tanto diarios como nocturnos.

Os reloxos de auga tamén se usaron nos tribunais atenienses para sinalar o tempo asignado aos oradores.

Comments

Heliocentrismo
Do grego ἥλιος, sol, e
κέντρον, centro.

A teoría heliocéntrica foi proposta por Nicolás Copérnico (s. XVI), un dos astrónomos máis importantes da Historia, xa que afirmou que a Terra e os demais planetas xiraban ao redor dun Sol estacionario.

Comments

Espermatozoide
Un espermatozoide (do grego σπέρμα, semente, e ζῷον, animal) é unha célula haploide que constitúe o gameto masculino nos animais. Os espermatozoides fórmanse no interior dos testículos. As paredes destes túbulos atópanse tapizadas de espermatogonias, as que forman os espermatozoos.

Os espermatozoides foron distinguidos por primeira vez por Antoni van Leeuwenhoek, inventor dos primeiros microscopios potentes, en 1679.

Comments

Megáfono
Un megáfono, do grego μέγας (grande) e φωνή (voz), é un aparello con forma de cono utilizado para amplificar sons. A súa principal calidade é que non necesita un sistema de son completo con micrófono ou altofalantes e que é portátil.

Comments

Oniomanía
Do grego ὤνιος, compra, e μανία, manía.

A oniomanía é o termo que define a enfermidade do comprador compulsivo, que consiste no afán desmesurado, incontrolado e recorrente por adquirir cousas. É unha adicción en toda regra, un acto pouco consciente do que despois nos arrepentimos, porque compramos cousas pouco útiles ou gastamos máis do que podemos.

Comments

Ninfomanía
A palabra ninfomanía vén de νύμφη (ninfa) e μανία (manía).

Enténdese por ninfomanía un apetito sexual esaxerado da muller, o límite do normal non está definido claramente, pero se pode dicir que existe patoloxía (esta palabra tamén é un helenismo) sexual se as preocupacións sexuais tenden a dominar o pensamento consciente aínda despois de que o acto sexual fose executado. Ou se o sexo ten unha influencia tan dominante que interfire con outros aspectos da vida diaria do individuo.

Non atopei ningunha foto para poñer neste blogue para escenificar este helenismo, mais penso que non fai falla, que queda moi clariño coa definición.

Comments

Cleptomanía
Do grego κλέπτω (roubar) e μανία (manía)

Cleptomanía é unha desorde da personalidade que leva ao roubo compulsivo.

Unha persoa con esta desorde síntese obrigada a roubar cousas, mais acotío non é consciente de realizar o furto até que pasou aproximadamente unha hora.

O cleptómano, a diferenza do ladrón, rouba por necesidade de satisfacer unha desorde mental. Un ladrón pode pasar horas, días e incluso anos planeando un gran golpe, mentres o cleptómano obedece xeralmente a un impulso.

CURIOSIDADE: Cando esta obsesión provoca excitación sexual, utilízase o termo sexópata con necesidade de roubar; cleptofilia.

Comments