Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

MISANTROPÍA

sara91 @ 20:17

A misantropía (do grego μῖσος, «odio», e ἄνθρωπος, «home, ser humano») é unha tendencia social e psicolóxica caracterizada por unha antipatía xeral cara a especie humana.
Pode ser lixeira ou marcada, así como pode ter características moi diferentes que van dende o inofensivo ate a crítica social ou no seu defecto dende o sectarismo ate a autodestrución.

Elixín este helenismo porque me parece moi interesante.
Creo que eu mesma podo considerarme en certa medida un pouco misántropa, porque o ser humano ten unha natureza abominable e desdeñosa.
As malas accións que comete o ser huamno guiado a cegas polo seu egoísmo nato só alimentan a miña misantropía neste aspecto...nun aspecto lixeiro claro...onde vexo ao ser humano como un ser malvado...egoísta...
E as decepcións continuas das persoas son tan numerosas que un mesmo acaba replantexándose ate que punto o ser humano é diferente do animal, porque creo que éste ao menos non dana por placer.
Podería continuar pero véxoo unha perda de tempo, pois quizais é dificil de entender a miña posición.
Presas da nosa propia besta.

Deica

Comentarios(2) »

  1. oh mi querida sara é moi fermoso o que dis...sabes que eu tamén estou dacordo co que dis.
    O ser humano é ruin e mezquiño, mais debemos de quedar cos aspectos bos dos nosos semellantes e das persoas que nos aprezan.
    Eti sabes quen te apreza verdade?
    Quérote!!!
    (perdón pola informalidade pero e que quero moito a esta rapariga)

    cristina — 03-06-2008 - 21:06:34 GMT 1

  2. oh mi querida sara é moi fermoso o que dis...sabes que eu tamén estou dacordo co que dis.
    O ser humano é ruin e mezquiño, mais debemos de quedar cos aspectos bos dos nosos semellantes e das persoas que nos aprezan.
    Eti sabes quen te apreza verdade?
    Quérote!!!
    (perdón pola informalidade pero e que quero moito a esta rapariga)

    cristina — 03-06-2008 - 21:06:36 GMT 1

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>