Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

TELEPATÍA

cris90 @ 11:54

Do grego τῆλε, ‘distante’ e πάθος, ‘sentimento’. É un termo que se refire á capacidade mental dos humanos e outras criaturas de comunicar información dunha mente a outra sen o uso de ferramentas adicionais como a fala ou a linguaxe corporal. Considerada como unha forma de percepción extrasensorial, a telepatía relaciónase a miúdo con diversos fenómenos paranormais como a clarividencia.

Aínda que se levaron a cabo moitos experimentos científicos sobre a telepatía, a existencia da mesma non é aceptada pola inmensa maioría dos científicos. Na actualidade sábese que as magnitudes de enerxía que o cerebro humano é capaz de producir resultan insuficientes para permitir a transmisión de información.

Moitas veces dicimos eso de “telepatía” cando por casualidade dúas persoas estabamos a pensar o mesmo, por iso elixín esta palabra, mais iso non significa que crea neste fenómeno eh!

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>