Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

APATÍA

cris90 @ 12:21

Procede do prefixo grego de negación ἀ- e de πάθος, que significa sentimento. A apatía é a falta de emoción, de sentimento. É un termo psicolóxico para un estado de indiferencia, no que un individuo non responde a aspectos da vida emocional, social ou física. O aspecto físico da apatía asóciase co deterioro físico, a perda de musculatura e a falta de enerxía chamada letarxia, que ten moitas causas patolóxicas tamén.

Considérase apatía clínica nun nivel moderado, depresión nun nivel elevado e, nos casos extremos, denomínase trastorno disociativo. A apatía pode ser específica, cara a unha persoa, actividade ou contorno. É unha reacción común ante o estrés, manifestándose como impotencia aprendida, e está comunmente relacionada coa depresión.

 Encántame este helenismo! Eu son un pouco escéptica co significado estricto da palabra, pois creo que a apatía é esa sensación de "dáme todo igual", "non sufro por nada" e, ao meu parecer, é un estado de paz total, no que eu me meto moi a miúdo...

Un Comentario »

  1. E non será que aspiras ao nirvana e o chamas apatía por erro? Xa me dirás o luns, ah non, o martes, que este luns nos abandonas.

    Profesora — 31-05-2008 - 17:01:47 GMT 1

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>