TOCOLOXÍA
Tocoloxía (do grego τóκος, parto, e λóγος, ciencia)
A tocoloxía é a especialidade médica que se ocupa do embarazo, parto e puerperio (período que transcorre dende o parto ata que a muller volve ao seu estado ordinario anterior á xestación).
Tamén comprende os aspectos psicolóxicos e sociais da maternidade.
Os médicos especializados no parto chámanse obstetras, sendo case todos eles tamén xinecólogos.
O persoal de enfermería especializado en atender os partos normais chámanse matrona ou matrono.


Chúzao
del.icio.us
Non hai Comentarios »
Deixar un Comentario