Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Ninfomanía

aitor91 @ 16:11 Tags:

A palabra ninfomanía vén de νύμφη (ninfa) e μανία (manía).

Enténdese por ninfomanía un apetito sexual esaxerado da muller, o límite do normal non está definido claramente, pero se pode dicir que existe patoloxía (esta palabra tamén é un helenismo) sexual se as preocupacións sexuais tenden a dominar o pensamento consciente aínda despois de que o acto sexual fose executado. Ou se o sexo ten unha influencia tan dominante que interfire con outros aspectos da vida diaria do individuo.

Non atopei ningunha foto para poñer neste blogue para escenificar este helenismo, mais penso que non fai falla, que queda moi clariño coa definición.

Un Comentario »

  1. Vaia, o día que falei deste helenismo na clase estabas despistado, algo raro en ti, a quen normalmente non se lle escapa unha (e non é ironía). Vexamos, ninfomanía é unha palabra en desuso polo seu marcado carácter machista que aínda recollen os dicionarios, propio dos tempos nos que era considerado normal as ganas de sexo nos homes, e incluso fachenda da súa virilidade, mentres que na muller significaba un exceso anormal. O termo correspondente para os homes é satiriase, que nalgúns dicionarios non está recollido, aínda que si recollen ninfomanía, e noutros é curioso comprobar a definición de satiriase fronte a de ninfomanía (por exemplo no dicionario da RAE). Hoxe en día o termo utilizado é hipersexualidade, que non fai distincións anacrónicas entre un sexo e outro.
    Pois vaia, escapáronseche todas estas connotacións da palabra ninfomanía, sendo como es alguén preocupado polos demais e pola xustiza e a igualdade entre as persoas.
    Remato retándote a que deduzas de que palabra grega vén satiriase e por que motivo. Un saúdo da túa profesora de grego.

    Profesora — 28-05-2008 - 23:59:02 GMT 1

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>