Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

ANARQUÍA

cris90 @ 20:39

ANARQUÍADeriva do prefixo grego ἀν-, "non" e a raíz do verbo ἄρχω, "gobernar". A súa tradución literal é «sen goberno». Designa unha situación política ou social na que ningún individuo exerce autoridade algunha sobre outros. Pódese considerar como unha orde libre desexable ou como un caos a evitar. É definida no seu sentido positivo e político ("anarquía positiva"), como unha forma de vida política ou modelo social que consiste na asociación libre de individuos igualmente soberanos, asociacións normalmente baseadas nos principios de respecto mutuo das liberdades individuais e na cooperación voluntaria. En resumo, refírese a asociacións autoorganizadas, estables e conscientes. Historicamente a tendencia á anarquía expresouse a través do anarquismo.

Gústame moito esta palabra, pois se o home non fose un lobo para o home, poderiamos vivir anarquicamente, respectando as nosas liberdades e dereitos, mais só é unha fermosa utopía…

Comentarios(2) »

  1. boa reflexión final miña compañeira Cris!! pero se non hai alguén que dirixa minimamente os países todo sería un caos. As propias agrupacións anarquistas teñen líderes sindicais....

    aitor91 — 28-05-2008 - 00:20:15 GMT 1

  2. A anarquía penso que só é unha palabra inventada para que a xente teña máis cousas coas que soñar. Non creo que ninguén poida imaxinar que un país sen goberno iría mellor...
    ¡Vaia caos!

    Xake — 28-05-2008 - 14:54:01 GMT 1

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>