TRILOXÍA
Unha triloxía é un conxunto de tres obras artísticas (novelas, películas...) que forman unha unidade en base a algún elemento do seu contido: continuidade argumental, coincidencia do protagonista, etc.
É un termo de orixe grega (tri-loxía, de τρεῖς e λόγος: "tres textos") co que se designaba na Grecia clásica o conxunto de tres traxedias presentadas a concurso por cada un dos autores que competían por conseguir o premio nos certames que se celebraban nas festas en honor de Dioniso. Cada concursante presentaba, ademais, un drama satírico, de onde, á súa vez, procede o termo tetraloxía.
Un exemplo de triloxía de películas é O señor dos aneis.


Chúzao
del.icio.us
Non hai Comentarios »
Deixar un Comentario