MEGÁLITO
O termo megálito aplícase a grandes pedras usadas, tipicamente na prehistoria, para construír, ben por si soas ou xunto con outras pedras, unha estrutura ou monumento. A palabra megálito procede das palabras do grego antigo μέγας, grande e λίθος, pedra.
Considérase que moitos megálitos puideron ter un propósito de determinación de datas de sucesos astronómicos importante, tales como solsticios e equinoccios. Aínda que en sentido literal podemos encontrar construcións megalíticas en todo o mundo, desde o Xapón aos xigantes da Illa de Pascua, megalitismo emprégase para designar o fenómeno cultural localizado no Mediterráneo occidental e a Europa atlántica, e que se produce desde finais do Neolítico até a Idade de Bronce, caracterizado pola realización de construcións arquitectónicas con grandes bloques de pedra escasamente desbastados chamados megálitos.
Este fenómeno caracterízase esencialmente pola construción de tumbas do tipo "dolmen", dentro das cales se enterran sucesivamente os falecidos do grupo, apartándose coidadosamente os ósos dos anteriores defuntos (enterramentos colectivos). O monumento megalítico más coñecido é Stonehenge, observatorio prehistórico do sur de Inglaterra.



Chúzao
del.icio.us
Non hai Comentarios »
Deixar un Comentario