ONICOFAXIA
Do grego ὄνυξ,-υχος, ‘unlla’ e φαγεῖν, ‘comer’. É o hábito de morderse ou comerse as unllas dun mesmo. Preséntase en estados de ansiedade que poden estar asociados co nerviosismo e o estrés. Unha vez establecido como conduta habitual, pode ser desencadeado pola fame, aburrimento e inactividade . Tamén pode ser un síntoma dalgunha desorde mental ou emocional, nese caso, o seu nome clínico é onicofaxia crónica. Morderse as unllas pode resultar moi negativo pois se transportan os xermes que se agochan baixo as unllas á boca ou viceversa, levando á inchazón do dedo e, en casos extremos, ao pus.O mordedor compulsivo de unllas adoita comerse tamén a cutícula e a pel dos arredores, provocándose feridas por onde pode sufrir infeccións oportunistas micróbicas e virais.Ademais, danarse a pel ou unllas pode levar á ansiedade pola aparencia das mans. O hábito crónico de morderse as unllas é prexudicial a longo prazo para a substancia adamantínea frontal dos dentes, aumentando a carie nas zonas afectadas. Que arrepío morderse as unllas, non? Se mo advertisen antes…agora creo que xa é tarde…


Chúzao
del.icio.us
merézome loubanzas pola diminución do texto eh¡¡
cris — 19-05-2008 - 21:30:47 GMT 1
Pois si que as mereces, vas mellorando, así que aquí che van as louvanzas.
Profesora — 19-05-2008 - 21:41:38 GMT 1
Certo, levoulle menos dunha páxina enteira, todo un éxito!! Así ao mellor non ocupará tanto o blogue, para que logo non protestes!! :P
aitor91 — 28-05-2008 - 00:16:02 GMT 1