Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

LOGÓGRAFO

xake91 @ 15:28

Do grego λογογράφος (de λόγος, prosa, discurso e γράφω, escribir).

IsócratesNa Atenas da antigüidade, a práctica xurídica requería do litigante defender o seu caso ante o tribunal con dous discursos sucesivos. Non existían avogados, e a lei só permitía a un amigo ou parente axudar a cada parte no litixio. Se un litigante non confiaba en si mesmo para facer o seu propio discurso, podía buscar os servizos dunha persoa á que se chamaba logógrafo, ou sexa, escritor en prosa. O logógrafo escribía un discurso que o litigante debía aprender de memoria e recitar ante o tribunal. Antifonte de Atenas (480 adC–410 adC) foi un dos primeiros en practicar esta profesión. Defender ás víctimas de persecucións políticas contribuiu a lanzar a posterior carreira política de moitos logógrafos.

Un Comentario »

  1. Carafio, este artigo é dun nivel alto pola palabra escollida e pola imaxe de Isócrates, un personaxe da antiga Grecia moi interesante, mestre de oratoria como os sofistas pero contraposto a estes por defender postulados éticos que herdou do pensamento de Sócrates e Platón.

    Profesora — 18-05-2008 - 22:13:44 GMT 1

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>