Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

METAFÍSICA

cris90 @ 21:45

Procede do grego μετά, “tras, máis alá” e φύσις, “natureza”, é dicir, “o que ven despois da natureza”, "máis alá do físico".  É  a ciencia fundamental da filosofía. Trata os problemas centrais e máis profundos da filosofía, tales como os fundamentos (presupostos, causas e “primeiros comezos”), as estruturas máis xerais (leis e principios), o sentido e a finalidade da realidade toda e de todo ser. Nas súas primeiras utilizacións, "metafísica" era o nome dos libros de Aristóteles colocados despois dos de física, só é a partir do século XIII, época na que o texto do filósofo de Estaxira se coñece, que a metafísica pasa a ser unha disciplina filosófica especial. O campo de traballo da metafísica comprende os aspectos da realidade que non se poden investigar empiricamente, é dicir, aqueles que son inaccesibles á investigación científica. A metafísica pregunta polos fundamentos últimos do ser e do existente, en tanto que é. O seu obxectivo é lograr unha comprensión teórica da esencia e dos principios últimos xerais máis elementais do ser. Tradicionalmente a metafísica divídese nunha rama xeral e nunha rama particular. A primeira confórmaa a ontoloxía, a segunda a teoloxía natural, a psicoloxía filosófica e a cosmoloxía filosófica. Na actualidade, en ámbitos alleos á filosofía universitaria, considérase que o termo se utiliza para designar todo o que trascende do material, en vez do termo espiritual ou trascendente, máis adecuados segundo cada caso. E ben, elixín esta palabra porque me encanta a filosofía e todas as súas variantes…Máis comunmente, dínme que estou no meu mundo…pero son feliz pensando en conceptos abstractos…

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>