Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

EMPATÍA

cris90 @ 14:35

A palabra procede do étimo πάθος (sentimento). É a capacidade cognitiva de sentir nun contexto común o que un individuo diferente pode percibir. Denomínaselle tamén intelixencia interpersoal na teoría das intelixencias múltiples de Howard Gardner. Esta capacidade intelectiva da persoa de vivenciar a maneira en que sente outro e de compartir os seus sentimentos leva a unha mellor comprensión do seu comportamento o da súa forma de tomar decisións. É a habilidade, por excelencia, de entender as necesidades, sentimentos e problemas dos demais, poñéndose no seu lugar, e responder correctamente as súas reaccións emocionais. Como é obvio falamos dun sentimento cuxo desenvolvemento require unha certa clase de intelixencia; os que padecen autismo, síndrome de Asperger o determinadas psicopatías ven moi mermada esta capacidade cognitiva; polo contrario, os que exercen un liderado de carácter altruísta soen estar caracterizados polo amplo desenvolvemento desta capacidade. Os estudos demostran que esta capacidade soe darse máis a miúdo no xénero feminino da especie humana, quizais polo feito biolóxico de ter e coidar dos fillos, aínda que non é privativa do mesmo (as mulleres somos o mellor proxecto creado pola natureza). As persoas con empatía soen posuír normalmente moito recoñecemento social e popularidade, xa que se anticipan ás necesidades antes incluso de que os seus acompañantes sexan conscientes delas e saben identificar e aproveitar as oportunidades comunicativas que lles ofrecen outras persoas. E ben, elixín esta  palabra porque, ademais de ser unha calidade excepcional, tamén é algo que aspiro a dominar á perfección, pois quero ser unha boa psicóloga.(Espero que non sexa moito texto desta vez…jeje)

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>