Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Andróxino

aitor91 @ 12:23
Escultura dun andróxino

Esta foto é dunha escultura que puidemos ver na nosa viaxe a París no museo do Louvre, un museo xigantesco con moitísimas obras de arte.

A palabra andróxino provén do grego ἀνήρ, ἀνδρός(home) e γυνή, γυναικός (muller).

Andróxino é o termo que se refire ás persoas nas cales os seus riscos externos non son propios nin do sexo masculino nin feminino, entrando así nun termo medio.

O termo foi mencionado por primeira vez por Platón, na súa obra " O banquete".

Se queredes ler o interesante mito do andróxino acudide a este enlace: http://es.wikipedia.org/wiki/Andr%C3%B3gino

Un Comentario »

  1. Que desilusión, crin que o enlace levaba efectivamente ao texto de Platón que coñecemos ben por lelo no primeiro trimestre do curso. Pero non, e ademais o artigo comete un erro grave ao chamar "andróxinos" aos tres sexos dos que nos fala Platón. Vós ben sabedes que os andróxinos eran os que tiñan metade de home e metade de muller, os outros seres eran homes ou mulleres, polo que te animo a corrixir o artigo da wikipedia.

    Profesora — 26-04-2008 - 17:48:06 GMT 1

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>