Esperando
Marcharon todos a París e quedamos Cristina e a profesora soas en clase, así que mentres esperamos a volta dos demais cos helenismos que nos van traer da cidade da luz, decidimos cambiar a apariencia do blogue e facer algunhas correccións. Por enriba de que todos elixistes palabras macabras, que se pirómanos, vampiros e licántropos, vaia colección! coas cores negras e grises parecía máis un blogue de terror que de pacíficos e tenros helenismos. A partir de agora imos poñer máis das nosas emocións e menos contido académico.


Chúzao
del.icio.us
Non hai Comentarios »
Deixar un Comentario