LICANTROPÍA

O termo licantropía ven do grego λυκάνθρωπος, de λύκος, lobo, e άνθρωπος, home.
É a capacidade ou o poder dun humano de experimentar unha transformación nun lobo, é unha enfermidade mental na cal o enfermo cre que é ou que se transformou nun animal e compórtase como tal.
Dentro da licantropía hai tres niveis:
-No primeiro nivel presentase un desequilibrio mental no cal se cre que é un animal e se actúa conforme a éste. Aparecen síntomas de mala alimentación e males provocados por comer excesivamente carne crúa. Prodúcese unha conduta inestábel, cambian dun estado de ánimo a outro e teñen agresividade constantemente.
-No segundo nivel o enfermo segue mantendo un carácter inestábel e é moi agresivo, sente unha fame extrema e pode chegar a matar ou a morder calquera parte do corpo sen chegar a comela. Non ataca as persoas coñecidas e son estas as que o axudan a estabilizarse. Neste nivel os enfermos despois do seu ataque non recordan nada do que fixeron nin da súa gravedade.
-No terceiro nivel cando sofre un ataque recorda todo o que fixo e incluso arrepíntese se fixo algo malo. Non os controla ninguén, son idependentes e nobres, darian o que fose polas persoas que coñecen, son fieis, protectores e amigables igual que os lobos. Non lles importa a súa vida e buscan calquera pretexto para morrer.


Chúzao
del.icio.us
Non hai Comentarios »
Deixar un Comentario