QUIRÓPTERO
Quiróptero, do grego χείρ, χειρός, man e πτερόν,-οῦ, á.
De nome común morcego, o quiróptero é un animal vertebrado de orde mamífera, unguiculado (que ten unllas ou garras) e catro extremidades con cinco dedos.
Os catro últimos dedos das súas extremidades anteriores son extremadamente alongados e unidos entre si por unha fina membrana cutánea que continúa ao longo de dita extremidade ás costas do corpo, as patas traseiras e a cola, a modo de á. Ten as patas posteriores voltas cara fóra cos xeonllos cara atrás.
É o único mamífero que é capaz de realizar un voo verdadeiro grazas ao bater da súas ás.
">


Chúzao
del.icio.us
Non hai Comentarios »
Deixar un Comentario