Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

CARIÁTIDES

kelly91 — 21-04-2008 GTM 1 @ 17:53

Fonte con carátidesCariátide (grego antigo Καρυάτις, plural: Καρυάτιδες) é unha figura feminina esculpida, coa función de columna ou pilastra, cun entaboamento que descansa sobre a súa cabeza.

O seu nome quere dicir habitantes da cidade de Caria (Καρυές), en Laconia, e vén de que nas Guerras Médicas os seus habitantes foron exterminados polos gregos e as súas mulleres foron convertidas en escravas e condenadas a levar as máis pesadas cargas. Representouselles como tales nas columnas dos edificios.

Campos Elíseos

sara91 — 21-04-2008 GTM 1 @ 16:16

champs_elysees1.jpg

No grego eran chamados os Ἠλύσια πεδία

Nos campos Elíseos designábase a morada dos mortos reservada ás almas virtuosas, o equivalente do paraíso cristián. Para acceder a el debían beber no río Lete, que lles faría olvidar o seu paso polo inferno.
Actualmente é unha importante rúa comercial de París.

Desgrazadamente eu non puiden ir, porque ese día me puxen enferma e tiven que marchar ao hotel. Foi unha mágoa, pero xa volverei un día para poder percorrelos.

Deica

Rinoceronte

sara91 — 21-04-2008 GTM 1 @ 15:53

rinos1.JPG

Rinoceronte provén do grego ῥίς, ῥινός, nariz, y κέρας, corno.

Esta figura estaba en fronte do museo d'Orsay, en París claro.

Os rinocerontes son animais mamíferos caracterizados polo gran tamaño, sendo unha das poucas especies consideradas como megafauna existentes hoxe en día. A súa alimentación é hervíbora.
A maioría soe pesar máis dunha tonelada e posúen unha pel de entre 1'5 e 5 centímetros de grosor.
Actualmente só quedan cinco especies: o rinoceronte blanco, o negro, o de Java, o da India e o de Sumatra.

Non collín este helenismo por nada en particular.
Na foto saímos Xake, Raquel e máis eu.

Non sei se é logrado o punto informal de blogue que pretendía a profesora. Non quero propasarme asi que aquí o deixo.

Deica

Andróxino

aitor91 — 20-04-2008 GTM 1 @ 12:23
Escultura dun andróxino

Esta foto é dunha escultura que puidemos ver na nosa viaxe a París no museo do Louvre, un museo xigantesco con moitísimas obras de arte.

A palabra andróxino provén do grego ἀνήρ, ἀνδρός(home) e γυνή, γυναικός (muller).

Andróxino é o termo que se refire ás persoas nas cales os seus riscos externos non son propios nin do sexo masculino nin feminino, entrando así nun termo medio.

O termo foi mencionado por primeira vez por Platón, na súa obra " O banquete".

Se queredes ler o interesante mito do andróxino acudide a este enlace: http://es.wikipedia.org/wiki/Andr%C3%B3gino

Metro

aitor91 — 20-04-2008 GTM 1 @ 11:55

Metro

Como podedes observar fumos a París e alí tamén atopamos helenismos, como por exemplo, esta palabra tan común:

Metro, que ven do grego μέτρον, que significa medida.

Como curiosidade porei o comentario que fixeron as nosas profesoras cando estabamos alí que me chamou a atención:

Esta medida, inicialmente foi creada pola Academia de Ciencias Francesa no ano 1791 e definida como a dezmillonésima parte da distancia que separa o polo da liña do ecuador terrestre.

Realizáronse medicións coidadosas ao respecto que en 1889 corporizáronse nun metro patrón de platino e iridio depositado na Oficina Internacional de Pesos e Medidas (París).

Acto filantrópico de Prometeo

cris90 — 14-04-2008 GTM 1 @ 18:33

Acto filantrópico de PrometeoPrometeo era irmán de Atlas, Epimeteo e Menecio, aos que superaba en astucia e enganos. Non tiña medo algún aos deuses, e ridiculizou a Zeus e a súa pouca perspicacia. Prometeo foi un gran benfeitor da humanidade. Urdiu un primeiro engano contra Zeus ao realizar o sacrificio dun gran boi que dividiu en dúas partes: nunha delas puso a pel, a carne e as vísceras, que ocultou no ventre do boi, e na outra puxo os ósos pero cubriunos de apetitosa graxa. Deixou entón elixir a Zeus a parte que comerían os deuses. Zeus elixiu a capa de graxa e encheuse de cólera cando viu que na realidade escollera os ósos.
Indignado por este engano, Zeus privou aos homes do lume. Prometeo decidiu roubalo así que trepou o monte Olimpo e o colleu do carro de Helio e conseguiu devolvelo aos homes no talo dunha cana, que arde lentamente e resulta moi apropiado para este fin. Desta forma a humanidade puido quentarse.
(Noutras versións, Prometeo foi o creador dos homes, modelándoos con barro. Isto seméllase a outro mito coñecido polos cristiáns, non si ? Non quero meter cizaña…;-)
Como xa puidestes ver, a miña compañeira Xaque rouboume (sen rencor eh!!!) o helenismo da filantropía, pero como xa tiña isto buscado, non vou cambialo, porque ademais creo que é un bo exemplo de filantropía. Un saudiño!!!

PEDOFILIA

cris90 — 14-04-2008 GTM 1 @ 17:39

A pedofilia (do grego πας, παιδός rapaz, neno, e φιλία amizade, afección) é a inclinación das persoas a sentir unha atracción sexual primaria por nenos prepúberes.
Pederastia e pedofilia: Na antiga Grecia pederastia designaba á relación aceptada pola sociedade entre un adolescente varón (de familia de boa posición social) e un erastes, ραστής, un mestre varón maduro. Na actualidade a pederastia é a atracción por adolescentes masculinos e a atracción por adolescentes femininas é coñecida como loli-con ou complexo de lolita.

FILANTROPÍA

xake91 — 14-04-2008 GTM 1 @ 14:38

A etimoloxía da palabra filantropía deriva as súas raíces do grego φίλος e άνθρωπος, que se traducen respectivamente como "amor" (ou "amante de", "amigo de"), e "home" (ou "ser humano"), polo que filantropía significa "amor á humanidade".

En xeral, a filantropía é o amor ó xénero humano e todo o que á humanidade respecta, particularmente, na súa forma positiva e construtiva, expresado na axuda ós demais.

(Elixín este helenismo porque dende que comezamos este blog os meus compañeiros dedicáronse a escribir os máis desagradables. E tamén os hai bonitos.)

Esperando

profesorarcc — 05-04-2008 GTM 1 @ 00:40

Marcharon todos a París e quedamos Cristina e a profesora soas en clase, así que mentres esperamos a volta dos demais cos helenismos que nos van traer da cidade da luz, decidimos cambiar a apariencia do blogue e facer algunhas correccións. Por enriba de que todos elixistes palabras macabras, que se pirómanos, vampiros e licántropos, vaia colección! coas cores negras e grises parecía máis un blogue de terror que de pacíficos e tenros helenismos. A partir de agora imos poñer máis das nosas emocións e menos contido académico.

LICANTROPÍA

kelly91 — 12-03-2008 GTM 1 @ 21:08
Lobishome

O termo licantropía ven do grego λυκάνθρωπος, de λύκος, lobo, e άνθρωπος, home.
É a capacidade ou o poder dun humano de experimentar unha transformación nun lobo, é unha enfermidade mental na cal o enfermo cre que é ou que se transformou nun animal e compórtase como tal.

Dentro da licantropía hai tres niveis:

-No primeiro nivel presentase un desequilibrio mental no cal se cre que é un animal e se actúa conforme a éste. Aparecen síntomas de mala alimentación e males provocados por comer excesivamente carne crúa. Prodúcese unha conduta inestábel, cambian dun estado de ánimo a outro e teñen agresividade constantemente.

-No segundo nivel o enfermo segue mantendo un carácter inestábel e é moi agresivo, sente unha fame extrema e pode chegar a matar ou a morder calquera parte do corpo sen chegar a comela. Non ataca as persoas coñecidas e son estas as que o axudan a estabilizarse. Neste nivel os enfermos despois do seu ataque non recordan nada do que fixeron nin da súa gravedade.

-No terceiro nivel cando sofre un ataque recorda todo o que fixo e incluso arrepíntese se fixo algo malo. Non os controla ninguén, son idependentes e nobres, darian o que fose polas persoas que coñecen, son fieis, protectores e amigables igual que os lobos. Non lles importa a súa vida e buscan calquera pretexto para morrer.