Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Quiromancia

sara91 — 11-05-2008 GTM 1 @ 13:44

quiromancia.jpg

Do grego χείρ, χειρός man e μαντεία adiviñación.

Este helenismo fágoo de propina porque xa fixen os oito, pero encontrei un enlace moi curioso e decidín poñelo.
A quiromancia é a arte de adiviñación a través da lectura das liñas das mans.

Clickade no ENLACE que é interesante.

Deica.

Psicose

sara91 — 11-05-2008 GTM 1 @ 11:46

Do grego ψυχή, mente.

O Dicionario Médico de Stedman define a psicose como "unha desorde mental severa, con ou sen un dano orgánico, caracterizado por un trastorno da personalidade, a perda do contacto coa realidade e o empeoramento do funcionamento social normal.

Os suxeitos psicóticos soen experimentar alucinacións, pensamentos delirantes e trastornos formais do pensamento.

Hai moitos tipos de psicoses: esquizofrenia, trastorno delirante, trastorno psicótico breve...

Poño un anaco da peli Psicose.

Deica

Miriápodo

sara91 — 11-05-2008 GTM 1 @ 11:28

miriapodo0.jpgDo grego μυρῖοι, dez mil, innumerable, e πούς, ποδός, pé.

Son insectos con características comúns aos demais pero con algunhas diferencias.
Comprenden catro grupos ben diferenciados, os cempés, milpés, paurópodos e sínfilos, todos terrestres.
O corpo é máis ou menos longo, e ten multitude de pares de patas similares en canto á forma e función. Os ollos poden agruparse e formar un ollo falso.

Odio este tipo de insectos... en realidade todos os insectos.

DeiCa

Monarquía

sara91 — 11-05-2008 GTM 1 @ 11:19

reyes_espana_3001.jpgDo grego μόνος, único e ἀρχή, goberno.

Monarquía é unha forma de goberno dun estado na que o cargo supremo é vitalicio e comunmente designado segundo unha orde hereditaria.
Este cargo denomínase monarca en termos xerais ainda que o nome pode variar segundo a estrutura xurídica do goberno ou a rexión, como rei ou raíña, emperador ou emperatriz, zar ou káiser.

Na foto vese á raíña Doña Sofía e ao rei Don Juan Carlos.

Non puiden evitar poñer este anaco de cando o rei pronuncia a frase ''por que no te callas?'' jajajajajajaja

(se isto queda demasiado informal que se suprima)

DeiCa!

Hipogrifo

sara91 — 10-05-2008 GTM 1 @ 13:17

grifo.jpgDo grego ἵππος, cabalo, e γρύψ, γρυπός, grifo.

O hipogrifo é un animal mitolóxico que nace do cruce entre un grifo e unha egua. A súa cabeza, ás, peito e patas dianteiras son como as dun aguia e o resto do corpo é como o dun cabalo.

Considérase ao hipogrifo un símbolo do imposible, xa que os grifos soían representarse como animais que detestaban aos cabalos, cazándoos e matándoos moi a miúdo.

Encántanme sobre todo ao velos en Harry Potter.

Deica!

Tanatorio

sara91 — 10-05-2008 GTM 1 @ 13:05

tanatorio.bmp

Do grego θάνατος.

Un tanatorio é un establecemento funerario habilitado para o velatorio de difuntos.
Os tanatorios xeralmente ofrecen unha serie de servicios asociados tales como a venda de féretros, lápidas e coroas, asesoría xurídica, asistencia sicolóxica, cremación, transporte do difunto e tanatopraxia.

A foto queda bastante mal, pero é que as fotos dos tanatorios son todas feísimas, ese é un recibidor dun tanatorio...

Deica

Sinfonía

sara91 — 10-05-2008 GTM 1 @ 12:58

Do grego σύν, a un mesmo tempo, e φωνή, voz, son.

Unha sinfonía é unha obra para orquestra, usualmente separada en catro movementos, cada un cun tempo e estrutura diferente.
A sinfonía probablemente acadou a súa madurez con Ludwig van Beethoven.

Creo que a mellor forma de comprobar o seu talento é que vexades o vídeo da súa 9º sinfonía.

Deica

Xineceo

sara91 — 10-05-2008 GTM 1 @ 12:50

xineceo

Xineceo ven do grego γυνή, γυναικός, muller.

Denomínase Xineceo á sala, habitación ou estancia que posuían as grandes casas da antiga Grecia para uso exclusivo das mulleres da casa: Esposa, fillas, serventas... Preferiblemente estas estancias estaban na segunda planta das casas.
Esta sala era a contraposición ao Andrón.

A imaxe é cerámica grega de figuras vermellas.

Non o escollín por nada en especial, pero supuxen que non a escollería ninguén...

deiCa!

Cínico

cris90 — 05-05-2008 GTM 1 @ 17:58

DióxenesA antiga Grecia é coñecida polas súas escolas de filosofía. Unha destas era a escola dos Cínicos fundada por Antístenes de Atenas (444-365 a.C.). Cínico ven de Cinosarxes, Κυνόσαργες en grego, nome dun ximnasio nas aforas de Atenas, pois foi alí onde estableceu a escola. Cínico en grego é κυνικός, que deriva de κύων (can). Antístenes era seguidor de Sócrates e tomaba exemplo da natureza e dos animais. Exhortaba un pensamento individual e unha vida sinxela, autosuficiente e afastada dos praceres materiais. Dióxenes de Sínope “o Cínico” (404-323 a.C.) é a figura máis representativa do Cinismo. Era unha persoa moi áspera que vivía como un can, é dicir, durmía na rúa e comía o que lle dera a xente. Pero, a pesar diso, chegou a ser moi coñecido e apreciado polas máximas figuras do seu tempo. De Dióxenes quedáronnos peculiares frases como as seguintes: Un xoven díxolle: «todos rinse de ti», a isto Dióxenes respondeu: «Probablemente os asnos rinse de ti, pero a ti non  che importa. Igual que a min non me importa os que se rin de min». Un día Dióxenes estaba sentado comendo un prato de lentellas. Neste momento chegou Aristipo, outro filósofo que traballaba para o rei e díxolle: «Mira, se ti traballases para o rei, non terías que comer lentellas». Dióxenes contestoulle: «Mira, se ti comeses lentellas, non terías que traballar para o rei». E a máis coñecida foi a que lle dixo a Alexandre Magno, cando este decidiu ir velo pois se interesara pola súa fama. Encontrouno tomando o sol e díxolle: -Pídeme calquera  desexo. -¿Calquera cousa? respondeu Dióxenes. -Si -Pois entón móvete, que me estás tapando o sol. E ben, elixín esta palabra porque me encantan as persoas cínicas, pois “un cínico é unha persoa que está disposta a cuestionar calquera afirmación que pretenda ser certa, exixir coherencia na lóxica, claridade na definición e unha demostración adecuada”, polo tanto, trátase de persoas moi intelixentes e difíciles de enganar… quen non aspira a ser así?

METRO

kelly91 — 21-04-2008 GTM 1 @ 18:35

Entrada ao metroA palabra metro é abreviatura de metropolitano, que provén do grego μήτηρ, nai, e πόλις, cidade.
Metro aplícase aos sistemas ferroviarios de transporte masivo que operan nas grandes cidades para unir diversas zonas de termo municipal e arredores máis próximos, preferentemente baixo terra.