Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

ONIROMANCIA

kelly91 — 19-05-2008 GTM 1 @ 20:30

Oniromancia
Oniromancia ou oniromancía (do grego ὄνειρος, soño, e μαντεία, adiviñación) representa aquela técnica ou arte pola que se pretende adiviñar ou predicir acontecementos futuros a través dos soños.

A oniromancia basease na antiga crenza de que os soños son premonitorios, avisando así da posible ocorrencia dun acontecemento ou situación.

O soño é unha función vital, sen el os seres humanos non poderiamos sobrevivir.

ARQUEOLOXÍA

xake91 — 18-05-2008 GTM 1 @ 15:54

Do grego ἀρχαῖος, vello ou antigo, e λόγος, estudo.

A Arqueoloxía é unha ciencia social autónoma, que estuda os seres humanos a través da súa cultura material e psicolóxica.

A maioría dos primeiros arqueólogos aplicaron a nova disciplina ós estudos dos anticuarios. Outros arqueólogos enfatizaron aspectos psicolóxico-condutistas e definiron a arqueoloxía como «a reconstrucción da vida dos pobos antigos». Nalgúns países a arqueoloxía estivo considerada sempre como unha disciplina pertencente a antropoloxía; mentres que esta se centra no estudo das culturas humanas, a arqueoloxía adicábase ó estudo das manifestacións materiais destas.

(Escribín este helenismo porque dende sempre me chamou moito a atención esta profesión, xa que estás en contacto directo con obxectos, edificacións, etc. de tempos pasados.)

LOGÓGRAFO

xake91 — 18-05-2008 GTM 1 @ 15:28

Do grego λογογράφος (de λόγος, prosa, discurso e γράφω, escribir).

IsócratesNa Atenas da antigüidade, a práctica xurídica requería do litigante defender o seu caso ante o tribunal con dous discursos sucesivos. Non existían avogados, e a lei só permitía a un amigo ou parente axudar a cada parte no litixio. Se un litigante non confiaba en si mesmo para facer o seu propio discurso, podía buscar os servizos dunha persoa á que se chamaba logógrafo, ou sexa, escritor en prosa. O logógrafo escribía un discurso que o litigante debía aprender de memoria e recitar ante o tribunal. Antifonte de Atenas (480 adC–410 adC) foi un dos primeiros en practicar esta profesión. Defender ás víctimas de persecucións políticas contribuiu a lanzar a posterior carreira política de moitos logógrafos.

HIPOPÓTAMO

xake91 — 16-05-2008 GTM 1 @ 15:24
Hipopótamo

Do grego ἵππος (cabalo) e ποταμός (río).

Mamífero paquidermo de pel grosa, moura e case espida, e corpo voluminoso que mide cerca de tres metros de longo por dous de alto. Ten a cabeza grande, con orellas e ollos pequenos, boca moi grande e beizos moi desenvoltos. Vive nos grandes ríos de África e sae da auga durante a noite para pastar nas beiras.

Basilisco

sara91 — 15-05-2008 GTM 1 @ 14:26

basilisco01nm0.jpgDo grego βασιλεúς (étimo dubidoso)

O basilisco é un animal mitóloxico que variou de forma segundo a época.
No s.VIII o basilisco era considerado unha serpe con cornos na cabeza en forma de coroa.
Na Idade Media pasa a ser un galo con catro patas, plumas amarelas, grandes ás espinosas e cola e cabeza de serpe.
Outra versión moi estendida di que nace a partir dun ovo deforme posto por unha galiña e é incubado por un sapo, polo tanto ao nacer garda todas as características dos seus proxenitores: cabeza de galo, cola de serpe e corpo de sapo.
O basilisco vive no deserto que el mesmo crea ao romper pedras e queimar o pasto. Este, pois, exhala lume, seca as plantas e envelena as augas.
É coñecido por poder matar coa mirada. Dise que só morre ao verse reflectido nun espello, ou cando oía a un galo ou vía unha doniña.
Había unha lenda de Alexandre Magno matou un

Eu só coñecía a versión de Harry Potter, onde o basílisco é unha serpe xigantesca.

METAFÍSICA

cris90 — 13-05-2008 GTM 1 @ 21:45

Procede do grego μετά, “tras, máis alá” e φύσις, “natureza”, é dicir, “o que ven despois da natureza”, "máis alá do físico".  É  a ciencia fundamental da filosofía. Trata os problemas centrais e máis profundos da filosofía, tales como os fundamentos (presupostos, causas e “primeiros comezos”), as estruturas máis xerais (leis e principios), o sentido e a finalidade da realidade toda e de todo ser. Nas súas primeiras utilizacións, "metafísica" era o nome dos libros de Aristóteles colocados despois dos de física, só é a partir do século XIII, época na que o texto do filósofo de Estaxira se coñece, que a metafísica pasa a ser unha disciplina filosófica especial. O campo de traballo da metafísica comprende os aspectos da realidade que non se poden investigar empiricamente, é dicir, aqueles que son inaccesibles á investigación científica. A metafísica pregunta polos fundamentos últimos do ser e do existente, en tanto que é. O seu obxectivo é lograr unha comprensión teórica da esencia e dos principios últimos xerais máis elementais do ser. Tradicionalmente a metafísica divídese nunha rama xeral e nunha rama particular. A primeira confórmaa a ontoloxía, a segunda a teoloxía natural, a psicoloxía filosófica e a cosmoloxía filosófica. Na actualidade, en ámbitos alleos á filosofía universitaria, considérase que o termo se utiliza para designar todo o que trascende do material, en vez do termo espiritual ou trascendente, máis adecuados segundo cada caso. E ben, elixín esta palabra porque me encanta a filosofía e todas as súas variantes…Máis comunmente, dínme que estou no meu mundo…pero son feliz pensando en conceptos abstractos…

PSICANÁLISE

xake91 — 13-05-2008 GTM 1 @ 21:36

 

Do grego ψυχή,-ῆς,  (alma, mente) e ἀνάλυσις (exame).

Método creado por Sigmund Freud, médico austriaco, para indagar e curar as enfermidades mentais mediante a análise dos conflitos sexuais inconscientes orixinados na infancia.

A psicanálise é considerada unha ciencia polos psicanalistas, mentres que os seus críticos o consideran unha pseudociencia, por pretender ser unha ciencia sen axustarse ao método científico.

(Escollín este helenismo porque é algo que teño que estudar esta semana e así vou facéndome á idea, a pesar de que non o soporto jaja.)

EMPATÍA

cris90 — 13-05-2008 GTM 1 @ 14:35

A palabra procede do étimo πάθος (sentimento). É a capacidade cognitiva de sentir nun contexto común o que un individuo diferente pode percibir. Denomínaselle tamén intelixencia interpersoal na teoría das intelixencias múltiples de Howard Gardner. Esta capacidade intelectiva da persoa de vivenciar a maneira en que sente outro e de compartir os seus sentimentos leva a unha mellor comprensión do seu comportamento o da súa forma de tomar decisións. É a habilidade, por excelencia, de entender as necesidades, sentimentos e problemas dos demais, poñéndose no seu lugar, e responder correctamente as súas reaccións emocionais. Como é obvio falamos dun sentimento cuxo desenvolvemento require unha certa clase de intelixencia; os que padecen autismo, síndrome de Asperger o determinadas psicopatías ven moi mermada esta capacidade cognitiva; polo contrario, os que exercen un liderado de carácter altruísta soen estar caracterizados polo amplo desenvolvemento desta capacidade. Os estudos demostran que esta capacidade soe darse máis a miúdo no xénero feminino da especie humana, quizais polo feito biolóxico de ter e coidar dos fillos, aínda que non é privativa do mesmo (as mulleres somos o mellor proxecto creado pola natureza). As persoas con empatía soen posuír normalmente moito recoñecemento social e popularidade, xa que se anticipan ás necesidades antes incluso de que os seus acompañantes sexan conscientes delas e saben identificar e aproveitar as oportunidades comunicativas que lles ofrecen outras persoas. E ben, elixín esta  palabra porque, ademais de ser unha calidade excepcional, tamén é algo que aspiro a dominar á perfección, pois quero ser unha boa psicóloga.(Espero que non sexa moito texto desta vez…jeje)

PELOPONESO

xake91 — 12-05-2008 GTM 1 @ 21:04

Peloponeso

 

Do grego Πελοπόν (Pélope) e νησος (illa).

O Peloponeso é unha península do sur de Grecia, separada do continente polo istmo de Corinto.

O seu nome provén dun heroe mitolóxico grego Pélope, quen conquistou tódala rexión. Etimoloxicamente, Peloponeso significa 'Illa de Pélope', a pesar de que só foi unha verdadeira illa trala apertura do Canal de Corinto no 1893. Na Idade Media, denominouse 'Morea', debido ó parecido da súa forma cunha  folla de moral.

Na rexión atópase a cidade de Olimpia, centro relixioso da antigüidade onde se celebraron os primeiros Xogos Olímpicos.

PSEUDÓNIMO

xake91 — 12-05-2008 GTM 1 @ 20:49

Do grego ψευδής, falso, e ὄνομα, nome.

Nome non verdadeiro ou ficticio con que un autor asina unha obra para non dar a coñecer a súa verdadeira identidade.

Ao longo da historia, tanto escritores como xornalistas e outros artistas usaron pseudónimos para ocultar a súa verdadeira identidade. Entre os motivos para o uso dun pseudónimo están a busca de orixinalidade, a simplificación de nomes estranxeiros ou de difícil pronunciación, ou o temor ao escándalo ou á persecución política ou relixiosa. Algunhas escritoras tamén optaron por un pseudónimo, particularmente un masculino co fin de poder publicar as súas obras.

(Aproveitando este helenismo, poño a un dos meus escritores favoritos, que durante un periodo utilizou os pseudónimos Richard Bachman y John Swithen).

Stephen King