Do étimo grego πᾶς, πᾶσα, πᾶν, todo e κράτος, forza. Era unha competición dos xogos olímpicos na antiga Grecia que consistía nunha combinación de boxeo e loita. Os gregos atribuían a súa invención a Teseo, cando se enfrontou ao Minotauro; ou a Heracles, na súa loita co león de Nemea. Máis ou menos estaba permitido todo: labazadas, pisotóns cos pes, etc., nin os xenitais eran respectados. Poñer cambadelas, coller o adversario e lanzarse sobre el foi unha práctica do mais normal. Ataques como pegarlle unha patada ao opoñente na barriga estaban perfectamente permitidas. Igual que facer as tesoiras, posto que así, tendo enlazado o abdome coas pernas, as dúas mans quedaban libres para asfixiar ao rival. Esta táctica foi precisamente a que lle custou a vida ao campión olímpico Arriquión de Figalia. Os golpes na cara, a aplicación de presas de estrangulación, a rotura e a dislocación de membros tamén eran técnicas de moito éxito. As regras só penalizaban morder e sacar os ollos, meter os dedos no nariz ou na boca do opoñente; e o combate duraba ata que un dos opoñentes desistía, o cal se sinalaba levantando un dedo. Ao igual que no boxeo e a loita, esta competición tiña divisións separadas para xoves e adultos.
Como anécdota o médico Galeno, burlándose da agresividade dos atletas, deulle un premio a un asno por destacar nos pisotóns.
Pois elixín este helenismo porque debía ser moi desagradábel ver unha loita así, mais tamén os loitadores tiñan que desafogarse moito...jaja.