Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

AUTISMO

kelly91 — 28-05-2008 GTM 1 @ 19:08

autismoAutismo (do grego αὐτός , un mesmo).

O autismo é unha desorde do desenvolvemento do cerebro que comeza nos nenos antes dos tres anos de idade e que deteriora a súa comunicación e interacción social causando un comportamento restrinxido e repetitivo. Pode clasificarse de diversas formas, como unha desorde no desenvolvemento neurolóxico ou unha desorde no aparato psíquico.

ARCANXO

kelly91 — 28-05-2008 GTM 1 @ 18:45

ArcanxoArcanxo, do grego ἀρχάγγελος,  formado á súa vez de ἄρχω, mandar, e ἄγγελος, anxo.

Nas relixións xudía, cristiá e islámica, os arcanxon son unha categoría de anxos. Constitúen un dos nove coros da xerarquía. Os acanxos son os penúltimos, antes dos propios anxos (tal e como o indica o prefixo arc-, que significa superior).

Considérase que os arcanxos son sete, pero difiren de nome entre as diferentes relixións. Os tres aceptados por todas son:

Miguel, xefe da milicia celestial.
Gabriel, o mensaxeiro celestial.
Rafael, protector dos viaxeiros e do noivado.

Astrolabio

aitor91 — 28-05-2008 GTM 1 @ 16:12 Tags:

140px-astrolabio_andalusi_toledo_1067_man_02.jpg

Do grego ἄστρον, estrela, e λαβεῖν atopar.

O astrolabio é un instrumento que permite ver as posicións das estrelas sobre a bóveda celeste.

Durante os séculos XVI e XVIII o astrolabio foi utilizado como o principal instrumento de navegación até a invención do sextante.

Os astrolabios eran usados para saber a hora e podían usarse tamén para determinar a latitude a partir da posición das estrelas.

Clepsidra

aitor91 — 28-05-2008 GTM 1 @ 16:12 Tags:

clepsidra.JPG

Do grego κλεψύδρα, reloxo de auga.

Os reloxos de auga ou clepsidras datan da antigüidade exipcia e usábanse especialmente durante a noite. Os primeiros reloxos de agua consistiron nunha vaixela cerámica que contiña auga até certo nivel, cun orificio na base dun tamaño adecuado para asegurar a saída do líquido a unha velocidade determinada e, polo tanto, nun tempo prefixado. O recipiente dispoñía no seu interior de varias marcas de tal maneira que o nivel da auga indicaba os diferentes períodos, tanto diarios como nocturnos.

Os reloxos de auga tamén se usaron nos tribunais atenienses para sinalar o tempo asignado aos oradores.

Heliocentrismo

aitor91 — 28-05-2008 GTM 1 @ 16:12 Tags:

300px-heliocentric.jpg

Do grego ἥλιος, sol, e
κέντρον, centro. 

A teoría heliocéntrica foi proposta por Nicolás Copérnico (s. XVI), un dos astrónomos máis importantes da Historia, xa que afirmou que a Terra e os demais planetas xiraban ao redor dun Sol estacionario.

Espermatozoide

aitor91 — 28-05-2008 GTM 1 @ 16:11 Tags:

espermatozoide.gif

Un espermatozoide (do grego σπέρμα, semente, e ζῷον, animal) é unha célula haploide que constitúe o gameto masculino nos animais. Os espermatozoides fórmanse no interior dos testículos. As paredes destes túbulos atópanse tapizadas de espermatogonias, as que forman os espermatozoos.

Os espermatozoides foron distinguidos por primeira vez por Antoni van Leeuwenhoek, inventor dos primeiros microscopios potentes, en 1679.

Megáfono

aitor91 — 28-05-2008 GTM 1 @ 16:11 Tags:

megafono.jpg

Un megáfono, do grego μέγας (grande) e φωνή (voz), é un aparello con forma de cono utilizado para amplificar sons. A súa principal calidade é que non necesita un sistema de son completo con micrófono ou altofalantes e que é portátil.

Oniomanía

aitor91 — 28-05-2008 GTM 1 @ 16:11 Tags:

oniomania.jpg

Do grego ὤνιος, compra, e μανία, manía. 

A oniomanía é o termo que define a enfermidade do comprador compulsivo, que consiste no afán desmesurado, incontrolado e recorrente por adquirir cousas. É unha adicción en toda regra, un acto pouco consciente do que despois nos arrepentimos, porque compramos cousas pouco útiles ou gastamos máis do que podemos.

Ninfomanía

aitor91 — 28-05-2008 GTM 1 @ 16:11 Tags:

A palabra ninfomanía vén de νύμφη (ninfa) e μανία (manía).

Enténdese por ninfomanía un apetito sexual esaxerado da muller, o límite do normal non está definido claramente, pero se pode dicir que existe patoloxía (esta palabra tamén é un helenismo) sexual se as preocupacións sexuais tenden a dominar o pensamento consciente aínda despois de que o acto sexual fose executado. Ou se o sexo ten unha influencia tan dominante que interfire con outros aspectos da vida diaria do individuo.

Non atopei ningunha foto para poñer neste blogue para escenificar este helenismo, mais penso que non fai falla, que queda moi clariño coa definición.

Cleptomanía

aitor91 — 28-05-2008 GTM 1 @ 16:11

cleptomania.gif

Do grego κλέπτω (roubar) e μανία (manía)

Cleptomanía é unha desorde da personalidade que leva ao roubo compulsivo.

Unha persoa con esta desorde síntese obrigada a roubar cousas, mais acotío non é consciente de realizar o furto até que pasou aproximadamente unha hora.

O cleptómano, a diferenza do ladrón, rouba por necesidade de satisfacer unha desorde mental. Un ladrón pode pasar horas, días e incluso anos planeando un gran golpe, mentres o cleptómano obedece xeralmente a un impulso.

CURIOSIDADE: Cando esta obsesión provoca excitación sexual, utilízase o termo sexópata con necesidade de roubar; cleptofilia.