Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Arquivo: Xuño 2008

FILOLOXÍA

sara91 10/06/2008 @ 20:01

Do grego φίλος, amigo, e λόγος, palabra.

É a ciencia que se ocupa dos textos escritos, a través dos cales se pretende construír, o máis fielmente posible, a cultura que deu lugar a eses textos e que xorde nos mesmos.

O filólogo sérvese, polo tanto, do estudo da linguaxe, a literatura e demais manifestacións escritas, en canto constitúen a expresión dunha comunidade cultural determinada.

Escollín este helenismo porque quero estudar filoloxía francesa para ser profesora de francés :)
Como non atopei ningunha foto sobre este helenismo...decidín poñer un video de Edith Piaf..un dos motivos que me empuxou a idolatrar o francés.

">

>

ANOREXIA

cris90 04/06/2008 @ 12:21

anorexiaProvén do grego ἀν- (negación) mais ὄρεξις (apetito). É un síntoma frecuente en multitude de enfermidades e situacións fisiolóxicas consistentes na diminución do apetito, o que pode conducir a unha diminución da inxesta de alimentos.

Como xa dixen, pode aparecer en moitas enfermidades de carácter fisiolóxico (depresión endóxena) mais as causas mais frecuentes da súa aparición, na actualidade, son trastornos psicolóxicos como a depresión esóxena ou a anorexia nerviosa.

É unha das enfermidades psicolóxicas mais duras e complexas de curar. Os pacientes adoitan ser mulleres de entre 15 e 30 anos. A súa terapia é longa e ás veces os seus síntomas non desaparecen por completo.

As causas do comezo desta enfermidade son moi diversas, mais adoitan ser unha baixa autoestima e un exceso de autoesixencia. 

As súas consecuencias son terribles para o organismo, entre elas, unha diminución considerable do peso, deficiencia de vitaminas e substancias necesarias para un correcto funcionamento dos órganos vitais, etc. Debido ao provocamento do vómito, moi habitual nesta enfermidade, tamén se desgasta o esófago e todo o aparato dixestivo debido á bile.

A nivel psicolóxico as súas consecuencias tamén son nefastas, pois a deformación  perceptiva do volume do corpo é moi difícil de curar e superar.

Ben, elixín este helenismo porque na sociedade actual os índices de anorexia son cada vez mais preocupantes e ademais os comezos son a idades máis temperás aínda…

Creo que é unha das enfermidades mentais “de moda” e debido, en moitos casos, á presión da moda e da publicidade que “obrigan” a ter unhas medidas antinaturais…

MISANTROPÍA

sara91 03/06/2008 @ 20:17

A misantropía (do grego μῖσος, «odio», e ἄνθρωπος, «home, ser humano») é unha tendencia social e psicolóxica caracterizada por unha antipatía xeral cara a especie humana.
Pode ser lixeira ou marcada, así como pode ter características moi diferentes que van dende o inofensivo ate a crítica social ou no seu defecto dende o sectarismo ate a autodestrución.

Elixín este helenismo porque me parece moi interesante.
Creo que eu mesma podo considerarme en certa medida un pouco misántropa, porque o ser humano ten unha natureza abominable e desdeñosa.
As malas accións que comete o ser huamno guiado a cegas polo seu egoísmo nato só alimentan a miña misantropía neste aspecto...nun aspecto lixeiro claro...onde vexo ao ser humano como un ser malvado...egoísta...
E as decepcións continuas das persoas son tan numerosas que un mesmo acaba replantexándose ate que punto o ser humano é diferente do animal, porque creo que éste ao menos non dana por placer.
Podería continuar pero véxoo unha perda de tempo, pois quizais é dificil de entender a miña posición.
Presas da nosa propia besta.

Deica