Benvid@s ao blogue do alumnado de 1º de BACH do departamento de grego do IES Ricardo Carballo Calero.
Adicaremos o espazo á presentación de helenismos escollidos por nós mesmos e estudados coa nosa profesora.
Procede do prefixo grego de negación ἀ- e de πάθος, que significa sentimento. A apatía é a falta de emoción, de sentimento. É un termo psicolóxico para un estado de indiferencia, no que un individuo non responde a aspectos da vida emocional, social ou física. O aspecto físico da apatía asóciase co deterioro físico, a perda de musculatura e a falta de enerxía chamada letarxia, que ten moitas causas patolóxicas tamén.
Considérase apatía clínica nun nivel moderado, depresión nun nivel elevado e, nos casos extremos, denomínase trastorno disociativo. A apatía pode ser específica, cara a unha persoa, actividade ou contorno. É unha reacción común ante o estrés, manifestándose como impotencia aprendida, e está comunmente relacionada coadepresión.
Encántame este helenismo! Eu son un pouco escéptica co significado estricto da palabra, pois creo que a apatía é esa sensación de "dáme todo igual", "non sufro por nada" e, ao meu parecer, é un estado de paz total, no que eu me meto moi a miúdo...
Do gregoτῆλε, ‘distante’ e πάθος, ‘sentimento’. É un termo que se refire á capacidade mental dos humanos e outras criaturas de comunicar información dunha mente a outra sen o uso de ferramentas adicionais como a fala ou a linguaxe corporal. Considerada como unha forma de percepción extrasensorial, a telepatía relaciónase a miúdo con diversos fenómenos paranormais como a clarividencia.
Aínda que se levaron a cabo moitos experimentos científicos sobre a telepatía, a existencia da mesma non é aceptada pola inmensa maioría dos científicos. Na actualidade sábese que as magnitudes de enerxía que o cerebro humano é capaz de producir resultan insuficientes para permitir a transmisión de información.
Moitas veces dicimos eso de “telepatía” cando por casualidade dúas persoas estabamos a pensar o mesmo, por iso elixín esta palabra, mais iso non significa que crea neste fenómeno eh!
É unha banda sobre a esfera celeste que se estende de oito a nove graos a ambos lados da eclíptica; por ela desprázanse o Sol e os planetas. O concepto de zodíaco foi orixinariamente proposto polos babilónicos, antes do 2000 a.C., como un calendario co que visualizar o paso do tempo. En astroloxía as constelacións do zodíaco definen os doce signos zodiacais utilizándose historicamente como método de adiviñación e confección de horóscopos.
Esta actualización é un pouco surrealista...O luns, martes o mércores non fun a clase xa que estaba enferma...hoxe é xoves..e son as 6 da mañá...non é que estea mal o reloxo jajajajaja Non puiden durmir da alerxia que teño..e xa que estou toda a noite en vela, pois actualizo.
Tocoloxía (do grego τóκος, parto, e λóγος, ciencia)
A tocoloxía é a especialidade médica que se ocupa do embarazo, parto e puerperio (período que transcorre dende o parto ata que a muller volve ao seu estado ordinario anterior á xestación). Tamén comprende os aspectos psicolóxicos e sociais da maternidade. Os médicos especializados no parto chámanse obstetras, sendo case todos eles tamén xinecólogos. O persoal de enfermería especializado en atender os partos normais chámanse matrona ou matrono.
O concepto tanatoloxía procede do grego θάνατος, morte, e λóγoς, ciencia. Ciencia encargada do estudo da morte. Termo acuñado polo ruso Elie Metchnikoff (1901).
Tanatoloxía é a disciplina que estuda o fenómeno da morte nos seres humanos e está enfocada a establecer entre o enfermo en tránsito de morte, a súa familia e o persoal médico que o atende, un lazo de confianza, esperanza e bos coidados que axuden a morir con dignidade.
Os obxetivos da tanatoloxía céntranse na calidade de vida do enfermo, e débense evitar tanto a prolongación innecesaria da vida como o seu acurtamento deliberado.
Nigromancia (do grego νεκρός morto, e μαντεία, adiviñación)
A nigromancia é unha rama da maxia, considerada xeralmente negra, que consiste na adiviñación mediante a consulta aos mortos e aos seus espíritos ou cadáveres.
A nigromancia é o apartado da arte que se adica ao estudo da morte, e céntrase no control dos mortos (xa sexa en axudarse con eles, como o control psíquico da materia morta ou espiritual).
O autismo é unha desorde do desenvolvemento do cerebro que comeza nos nenos antes dos tres anos de idade e que deteriora a súa comunicación e interacción social causando un comportamento restrinxido e repetitivo. Pode clasificarse de diversas formas, como unha desorde no desenvolvemento neurolóxico ou unha desorde no aparato psíquico.
Arcanxo, do grego ἀρχάγγελος, formado á súa vez de ἄρχω, mandar, e ἄγγελος, anxo.
Nas relixións xudía, cristiá e islámica, os arcanxon son unha categoría de anxos. Constitúen un dos nove coros da xerarquía. Os acanxos son os penúltimos, antes dos propios anxos (tal e como o indica o prefixo arc-, que significa superior).
Considérase que os arcanxos son sete, pero difiren de nome entre as diferentes relixións. Os tres aceptados por todas son:
Miguel, xefe da milicia celestial. Gabriel, o mensaxeiro celestial. Rafael, protector dos viaxeiros e do noivado.
Os reloxos de auga ou clepsidras datan da antigüidade exipcia e usábanse especialmente durante a noite. Os primeiros reloxos de agua consistiron nunha vaixela cerámica que contiña auga até certo nivel, cun orificio na base dun tamaño adecuado para asegurar a saída do líquido a unha velocidade determinada e, polo tanto, nun tempo prefixado. O recipiente dispoñía no seu interior de varias marcas de tal maneira que o nivel da auga indicaba os diferentes períodos, tanto diarios como nocturnos.
Os reloxos de auga tamén se usaron nos tribunais atenienses para sinalar o tempo asignado aos oradores.
A teoría heliocéntrica foi proposta por Nicolás Copérnico (s. XVI), un dos astrónomos máis importantes da Historia, xa que afirmou que a Terra e os demais planetas xiraban ao redor dun Sol estacionario.
Un espermatozoide (do grego σπέρμα, semente, e ζῷον, animal) é unha célula haploide que constitúe o gameto masculino nos animais. Os espermatozoides fórmanse no interior dos testículos. As paredes destes túbulos atópanse tapizadas de espermatogonias, as que forman os espermatozoos.
Os espermatozoides foron distinguidos por primeira vez por Antoni van Leeuwenhoek, inventor dos primeiros microscopios potentes, en 1679.
Un megáfono, do grego μέγας (grande) e φωνή (voz), é un aparello con forma de cono utilizado para amplificar sons. A súa principal calidade é que non necesita un sistema de son completo con micrófono ou altofalantes e que é portátil.
A oniomanía é o termo que define a enfermidade do comprador compulsivo, que consiste no afán desmesurado, incontrolado e recorrente por adquirir cousas. É unha adicción en toda regra, un acto pouco consciente do que despois nos arrepentimos, porque compramos cousas pouco útiles ou gastamos máis do que podemos.
A palabra ninfomanía vén de νύμφη (ninfa) e μανία (manía).
Enténdese por ninfomanía un apetito sexual esaxerado da muller, o límite do normal non está definido claramente, pero se pode dicir que existe patoloxía (esta palabra tamén é un helenismo) sexual se as preocupacións sexuais tenden a dominar o pensamento consciente aínda despois de que o acto sexual fose executado. Ou se o sexo ten unha influencia tan dominante que interfire con outros aspectos da vida diaria do individuo.
Non atopei ningunha foto para poñer neste blogue para escenificar este helenismo, mais penso que non fai falla, que queda moi clariño coa definición.
Cleptomanía é unha desorde da personalidade que leva ao roubo compulsivo.
Unha persoa con esta desorde síntese obrigada a roubar cousas, mais acotío non é consciente de realizar o furto até que pasou aproximadamente unha hora.
O cleptómano, a diferenza do ladrón, rouba por necesidade de satisfacer unha desorde mental. Un ladrón pode pasar horas, días e incluso anos planeando un gran golpe, mentres o cleptómano obedece xeralmente a un impulso.
CURIOSIDADE: Cando esta obsesión provoca excitación sexual, utilízase o termo sexópata con necesidade de roubar; cleptofilia.
O termo homofobia refírese á aversión, odio, medo, prexuízo ou discriminación contra homes ou mulleres homosexuais, aínda que tamén se inclúe ás demais persoas que integran a diversidade sexual, como é o caso das persoas bisexuais ou transexuais, e as que manteñen actitudes ou hábitos comunmente asociados ao outro sexo, coma os metrosexuais e as persoas "con pluma".
Algunhas persoas chaman homofóbicos a todo aquel que non apoie ou no estea de acordo coa homosexualidade ou os seus ideais, porén, esta definición non é correcta. O termo sinala ao suxeito discriminador, o cal rexeita, odia, persegue ou inferioriza aos homosexuais, os cales son persoas coma nós.
Sen dúbida este helenismo foi elixido pola miña paixón polo tema e en contra da homofobia.
Provén do grego αστρολογία, de ἄστρον , ‘estrela’ e λόγος ‘palabra, estudo’, é dicir, estudo dos ceos.
A astroloxía é un conxunto de crenzas que pretende coñecer e predicir o destino das persoas, e con ese coñecemento pronosticar os sucesos futuros. Supón chegar a ese coñecemento mediante a observación da posición e o movemento dos astros. As persoas que practican a astroloxía sosteñen que as posicións destes exercen influencia ou teñen correlación cos trazos da personalidade da xente, os sucesos importantes das súas vidas, e incluso as súas características físicas.
Deriva do prefixo gregoἀν-, "non" e a raíz do verbo ἄρχω, "gobernar". A súa tradución literal é «sen goberno». Designa unha situación política ou social na que ningún individuo exerce autoridade algunha sobre outros. Pódese considerar como unha ordelibre desexable ou como un caos a evitar. É definida no seu sentido positivo e político ("anarquía positiva"), como unha forma de vida política ou modelo social que consiste na asociación libre de individuosigualmente soberanos, asociacións normalmente baseadas nos principios de respecto mutuo das liberdades individuais e na cooperación voluntaria. En resumo, refírese a asociacións autoorganizadas, estables e conscientes. Historicamente a tendencia á anarquía expresouse a través do anarquismo.
Gústame moito esta palabra, pois se o home non fose un lobo para o home, poderiamos vivir anarquicamente, respectando as nosas liberdades e dereitos, mais só é unha fermosa utopía…
A espeleoloxía (do grego σπήλαιον, que significa cova, e λόγος, tratado), é unha ciencia cuxo obxecto é o estudo das cavidades subterráneas. Considerado o pai desta disciplina,o francés Édouard Alfred Martel (1859-1938) iniciou as primeiras exploracións científicas e no 1895 fundou a Sociedade Espeleolóxica.
Do grego δημαγογία, de δῆμος, pobo, e ἄγω, conducir.
Dexeneración da democracia consistente en que os políticos, mediante concesións e afagos aos sentimentos elementais dos cidadáns, tratan de conseguir ou manter o poder.
Desta forma tamén considérase como demagoxia esa oratoria que permite atraer cara aos intereses propios as decisións dos demais utilizando falacias ou argumentos aparentemente válidos que, porén, tras unha análise das circunstancias, poden resultar inválidos ou simplistas.
(Poñería un exemplo de demagoxia barata pero penso que é mellor que non o faga. Jajaja!)
Do étimo grego πᾶς, πᾶσα, πᾶν,todo e κράτος, forza. Era unha competición dos xogos olímpicos na antiga Grecia que consistía nunha combinación de boxeo e loita. Os gregos atribuían a súa invención a Teseo, cando se enfrontou ao Minotauro; ou a Heracles, na súa loita co león de Nemea. Máis ou menos estaba permitido todo: labazadas, pisotóns cos pes, etc., nin os xenitais eran respectados. Poñer cambadelas, coller o adversario e lanzarse sobre el foi unha práctica do mais normal. Ataques como pegarlle unha patada ao opoñente na barriga estaban perfectamente permitidas. Igual que facer as tesoiras, posto que así, tendo enlazado o abdome coas pernas, as dúas mans quedaban libres para asfixiar ao rival. Esta táctica foi precisamente a que lle custou a vida ao campión olímpico Arriquión de Figalia. Os golpes na cara, a aplicación de presas de estrangulación, a rotura e a dislocación de membros tamén eran técnicas de moito éxito. As regras só penalizaban morder e sacar os ollos, meter os dedos no nariz ou na boca do opoñente; e o combate duraba ata que un dos opoñentes desistía, o cal se sinalaba levantando un dedo. Ao igual que no boxeo e a loita, esta competición tiña divisións separadas para xoves e adultos.
Como anécdota o médico Galeno, burlándose da agresividade dos atletas, deulle un premio a un asno por destacar nos pisotóns.
Pois elixín este helenismo porque debía ser moi desagradábel ver unha loita así, mais tamén os loitadores tiñan que desafogarse moito...jaja.
Dο griego πολύς : moito e ἀνήρ, ἀνδρός: home. Condición infrecuente, análoga á polixinia, na cal unha soa muller pode estar ao mesmo tempo en matrimonio con varios homes.
As formas máis notorias de poliandria observáronse na Creta antiga, nas etnias tradicionais do Tíbet, entre os inuit, ou entre a etnia matriarcal dos mosso, residentes inmediatamente ao este do Tíbet. En todos os casos coñecidos a poliandria débese a que nas poboacións onde se practicou existiu unha alta tasa de masculinidade, un "exceso" numérico de varóns en relación ao de mulleres, e os varóns de tales etnias non puideron "adquirir" mulleres doutras etnias. A alta tasa de masculinidade entre as etnias en cuestión case sempre foi ocasionada polo infanticidio das mulleres neonatas, de modo que corresponde evitar a crenza segundo a cal a poliandria se corresponde "sempre" con sociedades matriarcais (case sempre sucede o contrario). En xeral a poliandria foi practicada compartindo varios irmáns a unha mesma muller.
(Escollín este helenismo porque me parece un dos máis curiosos... quen puidera... jajaja)
O termo megálito aplícase a grandes pedras usadas, tipicamente na prehistoria, para construír, ben por si soas ou xunto con outras pedras, unha estrutura ou monumento. A palabra megálito procede das palabras do grego antigo μέγας, grande e λίθος, pedra.
Considérase que moitos megálitos puideron ter un propósito de determinación de datas de sucesos astronómicos importante, tales como solsticios e equinoccios. Aínda que en sentido literal podemos encontrar construcións megalíticas en todo o mundo, desde o Xapón aos xigantes da Illa de Pascua, megalitismo emprégase para designar o fenómeno cultural localizado no Mediterráneo occidental e a Europa atlántica, e que se produce desde finais do Neolítico até a Idade de Bronce, caracterizado pola realización de construcións arquitectónicas con grandes bloques de pedra escasamente desbastados chamados megálitos.
Este fenómeno caracterízase esencialmente pola construción de tumbas do tipo "dolmen", dentro das cales se enterran sucesivamente os falecidos do grupo, apartándose coidadosamente os ósos dos anteriores defuntos (enterramentos colectivos). O monumento megalítico más coñecido é Stonehenge, observatorio prehistórico do sur de Inglaterra.
Unha triloxía é un conxunto de tres obras artísticas (novelas, películas...) que forman unha unidade en base a algún elemento do seu contido: continuidade argumental, coincidencia do protagonista, etc.
É un termo de orixe grega (tri-loxía, de τρεῖςe λόγος: "tres textos") co que se designaba na Grecia clásica o conxunto de tres traxedias presentadas a concurso por cada un dos autores que competían por conseguir o premio nos certames que se celebraban nas festas en honor de Dioniso. Cada concursante presentaba, ademais, un drama satírico, de onde, á súa vez, procede o termo tetraloxía.
Un exemplo de triloxía de películas é O señor dos aneis.
Do grego ὄνυξ,-υχος, ‘unlla’ e φαγεῖν, ‘comer’. É o hábito de morderse ou comerse as unllas dun mesmo. Preséntase en estados de ansiedade que poden estar asociados co nerviosismo e o estrés. Unha vez establecido como conduta habitual, pode ser desencadeado pola fame, aburrimento e inactividade . Tamén pode ser un síntoma dalgunha desorde mental ou emocional, nese caso, o seu nome clínico é onicofaxia crónica. Morderse as unllas pode resultar moi negativo pois se transportan os xermes que se agochan baixo as unllas á boca ou viceversa, levando á inchazón do dedo e, en casos extremos, ao pus.O mordedor compulsivo de unllas adoita comerse tamén a cutícula e a pel dos arredores, provocándose feridas por onde pode sufrir infeccións oportunistas micróbicas e virais.Ademais, danarse a pel ou unllas pode levar á ansiedade pola aparencia das mans. O hábito crónico de morderse as unllas é prexudicial a longo prazo para a substancia adamantínea frontal dos dentes, aumentando a carie nas zonas afectadas. Que arrepío morderse as unllas, non? Se mo advertisen antes…agora creo que xa é tarde…
Oniromancia ou oniromancía (do grego ὄνειρος, soño, e μαντεία, adiviñación) representa aquela técnica ou arte pola que se pretende adiviñar ou predicir acontecementos futuros a través dos soños.
A oniromancia basease na antiga crenza de que os soños son premonitorios, avisando así da posible ocorrencia dun acontecemento ou situación.
O soño é unha función vital, sen el os seres humanos non poderiamos sobrevivir.
Do grego ἀρχαῖος, vello ou antigo, e λόγος, estudo.
A Arqueoloxía é unha ciencia social autónoma, que estuda os seres humanos a través da súa cultura material e psicolóxica.
A maioría dos primeiros arqueólogos aplicaron a nova disciplina ós estudos dos anticuarios. Outros arqueólogos enfatizaron aspectos psicolóxico-condutistas e definiron a arqueoloxía como «a reconstrucción da vida dos pobos antigos». Nalgúns países a arqueoloxía estivo considerada sempre como unha disciplina pertencente a antropoloxía; mentres que esta se centra no estudo das culturas humanas, a arqueoloxía adicábase ó estudo das manifestacións materiais destas.
(Escribín este helenismo porque dende sempre me chamou moito a atención esta profesión, xa que estás en contacto directo con obxectos, edificacións, etc. de tempos pasados.)
Do grego λογογράφος (de λόγος, prosa, discurso e γράφω, escribir).
Na Atenas da antigüidade, a práctica xurídica requería do litigante defender o seu caso ante o tribunal con dous discursos sucesivos. Non existían avogados, e a lei só permitía a un amigo ou parente axudar a cada parte no litixio. Se un litigante non confiaba en si mesmo para facer o seu propio discurso, podía buscar os servizos dunha persoa á que se chamaba logógrafo, ou sexa, escritor en prosa. O logógrafo escribía un discurso que o litigante debía aprender de memoria e recitar ante o tribunal. Antifonte de Atenas (480 adC–410 adC) foi un dos primeiros en practicar esta profesión. Defender ás víctimas de persecucións políticas contribuiu a lanzar a posterior carreira política de moitos logógrafos.
Mamífero paquidermo de pel grosa, moura e case espida, e corpo voluminoso que mide cerca de tres metros de longo por dous de alto. Ten a cabeza grande, con orellas e ollos pequenos, boca moi grande e beizos moi desenvoltos. Vive nos grandes ríos de África e sae da auga durante a noite para pastar nas beiras.
O basilisco é un animal mitóloxico que variou de forma segundo a época. No s.VIII o basilisco era considerado unha serpe con cornos na cabeza en forma de coroa. Na Idade Media pasa a ser un galo con catro patas, plumas amarelas, grandes ás espinosas e cola e cabeza de serpe. Outra versión moi estendida di que nace a partir dun ovo deforme posto por unha galiña e é incubado por un sapo, polo tanto ao nacer garda todas as características dos seus proxenitores: cabeza de galo, cola de serpe e corpo de sapo. O basilisco vive no deserto que el mesmo crea ao romper pedras e queimar o pasto. Este, pois, exhala lume, seca as plantas e envelena as augas. É coñecido por poder matar coa mirada. Dise que só morre ao verse reflectido nun espello, ou cando oía a un galo ou vía unha doniña. Había unha lenda de Alexandre Magno matou un
Eu só coñecía a versión de Harry Potter, onde o basílisco é unha serpe xigantesca.
Procede do grego μετά, “tras, máis alá” e φύσις, “natureza”, é dicir, “o que ven despois da natureza”, "máis alá do físico".Éa ciencia fundamental da filosofía. Trata os problemas centrais e máis profundos da filosofía, tales como os fundamentos (presupostos, causas e “primeiros comezos”), as estruturas máis xerais (leis e principios), o sentido e a finalidade da realidade toda e de todo ser. Nas súas primeiras utilizacións, "metafísica" era o nome dos libros de Aristóteles colocados despois dos de física, só é a partir do século XIII, época na que o texto do filósofo de Estaxira se coñece, que a metafísica pasa a ser unha disciplina filosófica especial. O campo de traballo da metafísica comprende os aspectos da realidade que non se poden investigar empiricamente, é dicir, aqueles que son inaccesibles á investigación científica. A metafísica pregunta polos fundamentos últimos do ser e do existente, en tanto que é. O seu obxectivo é lograr unha comprensión teórica da esencia e dos principios últimos xerais máis elementais do ser. Tradicionalmente a metafísica divídese nunha rama xeral e nunha rama particular. A primeira confórmaa a ontoloxía, a segunda a teoloxía natural, a psicoloxía filosófica e a cosmoloxía filosófica. Na actualidade, en ámbitos alleos á filosofía universitaria, considérase que o termo se utiliza para designar todo o que trascende do material, en vez do termo espiritual ou trascendente, máis adecuados segundo cada caso. E ben, elixín esta palabra porque me encanta a filosofía e todas as súas variantes…Máis comunmente, dínme que estou no meu mundo…pero son feliz pensando en conceptos abstractos…
Do grego ψυχή,-ῆς, ἡ (alma, mente) e ἀνάλυσις (exame).
Método creado por Sigmund Freud, médico austriaco, para indagar e curar as enfermidades mentais mediante a análise dos conflitos sexuais inconscientes orixinados na infancia.
A psicanálise é considerada unha ciencia polos psicanalistas, mentres que os seus críticos o consideran unha pseudociencia, por pretender ser unha ciencia sen axustarse ao método científico.
(Escollín este helenismo porque é algo que teño que estudar esta semana e así vou facéndome á idea, a pesar de que non o soporto jaja.)
A palabra procede do étimo πάθος(sentimento). É a capacidade cognitiva de sentir nun contexto común o que un individuo diferente pode percibir. Denomínaselle tamén intelixencia interpersoal na teoría das intelixencias múltiples de Howard Gardner. Esta capacidade intelectiva da persoa de vivenciar a maneira en que sente outro e de compartir os seus sentimentos leva a unha mellor comprensión do seu comportamento o da súa forma de tomar decisións. É a habilidade, por excelencia, de entender as necesidades, sentimentos e problemas dos demais, poñéndose no seu lugar, e responder correctamente as súas reaccións emocionais. Como é obvio falamos dun sentimento cuxo desenvolvemento require unha certa clase de intelixencia; os que padecen autismo, síndrome de Asperger o determinadas psicopatías ven moi mermada esta capacidade cognitiva; polo contrario, os que exercen un liderado de carácter altruísta soen estar caracterizados polo amplo desenvolvemento desta capacidade. Os estudos demostran que esta capacidade soe darse máis a miúdo no xénero feminino da especie humana, quizais polo feito biolóxico de ter e coidar dos fillos, aínda que non é privativa do mesmo (as mulleres somos o mellor proxecto creado pola natureza). As persoas con empatía soen posuír normalmente moito recoñecemento social e popularidade, xa que se anticipan ás necesidades antes incluso de que os seus acompañantes sexan conscientes delas e saben identificar e aproveitar as oportunidades comunicativas que lles ofrecen outras persoas. E ben, elixín estapalabra porque, ademais de ser unha calidade excepcional, tamén é algo que aspiro a dominar á perfección, pois quero ser unha boa psicóloga.(Espero que non sexa moito texto desta vez…jeje)
O Peloponeso é unha península do sur de Grecia, separada do continente polo istmo de Corinto.
O seu nome provén dun heroe mitolóxico grego Pélope, quen conquistou tódala rexión. Etimoloxicamente, Peloponeso significa 'Illa de Pélope', a pesar de que só foi unha verdadeira illa trala apertura do Canal de Corinto no 1893. Na Idade Media, denominouse 'Morea', debido ó parecido da súa forma cunha folla de moral.
Na rexión atópase a cidade de Olimpia, centro relixioso da antigüidade onde se celebraron os primeiros Xogos Olímpicos.
Nome non verdadeiro ou ficticio con que un autor asina unha obra para non dar a coñecer a súa verdadeira identidade.
Ao longo da historia, tanto escritores como xornalistas e outros artistas usaron pseudónimos para ocultar a súa verdadeira identidade. Entre os motivos para o uso dun pseudónimo están a busca de orixinalidade, a simplificación de nomes estranxeiros ou de difícil pronunciación, ou o temor ao escándalo ou á persecución política ou relixiosa. Algunhas escritoras tamén optaron por un pseudónimo, particularmente un masculino co fin de poder publicar as súas obras.
(Aproveitando este helenismo, poño a un dos meus escritores favoritos, que durante un periodo utilizou os pseudónimos Richard Bachman y John Swithen).
Este helenismo fágoo de propina porque xa fixen os oito, pero encontrei un enlace moi curioso e decidín poñelo. A quiromancia é a arte de adiviñación a través da lectura das liñas das mans.
O Dicionario Médico de Stedman define a psicose como "unha desorde mental severa, con ou sen un dano orgánico, caracterizado por un trastorno da personalidade, a perda do contacto coa realidade e o empeoramento do funcionamento social normal.
Os suxeitos psicóticos soen experimentar alucinacións, pensamentos delirantes e trastornos formais do pensamento.
Hai moitos tipos de psicoses: esquizofrenia, trastorno delirante, trastorno psicótico breve...
Do grego μυρῖοι, dez mil, innumerable, e πούς, ποδός, pé.
Son insectos con características comúns aos demais pero con algunhas diferencias. Comprenden catro grupos ben diferenciados, os cempés, milpés, paurópodos e sínfilos, todos terrestres. O corpo é máis ou menos longo, e ten multitude de pares de patas similares en canto á forma e función. Os ollos poden agruparse e formar un ollo falso.
Odio este tipo de insectos... en realidade todos os insectos.
Monarquía é unha forma de goberno dun estado na que o cargo supremo é vitalicio e comunmente designado segundo unha orde hereditaria. Este cargo denomínase monarca en termos xerais ainda que o nome pode variar segundo a estrutura xurídica do goberno ou a rexión, como rei ou raíña, emperador ou emperatriz, zar ou káiser.
Na foto vese á raíña Doña Sofía e ao rei Don Juan Carlos.
Non puiden evitar poñer este anaco de cando o rei pronuncia a frase ''por que no te callas?'' jajajajajajaja
O hipogrifo é un animal mitolóxico que nace do cruce entre un grifo e unha egua. A súa cabeza, ás, peito e patas dianteiras son como as dun aguia e o resto do corpo é como o dun cabalo.
Considérase ao hipogrifo un símbolo do imposible, xa que os grifos soían representarse como animais que detestaban aos cabalos, cazándoos e matándoos moi a miúdo.
Un tanatorio é un establecemento funerario habilitado para o velatorio de difuntos. Os tanatorios xeralmente ofrecen unha serie de servicios asociados tales como a venda de féretros, lápidas e coroas, asesoría xurídica, asistencia sicolóxica, cremación, transporte do difunto e tanatopraxia.
A foto queda bastante mal, pero é que as fotos dos tanatorios son todas feísimas, ese é un recibidor dun tanatorio...
Unha sinfonía é unha obra para orquestra, usualmente separada en catro movementos, cada un cun tempo e estrutura diferente. A sinfonía probablemente acadou a súa madurez con Ludwig van Beethoven.
Creo que a mellor forma de comprobar o seu talento é que vexades o vídeo da súa 9º sinfonía.
Denomínase Xineceo á sala, habitación ou estancia que posuían as grandes casas da antiga Grecia para uso exclusivo das mulleres da casa: Esposa, fillas, serventas... Preferiblemente estas estancias estaban na segunda planta das casas. Esta sala era a contraposición ao Andrón.
A imaxe é cerámica grega de figuras vermellas.
Non o escollín por nada en especial, pero supuxen que non a escollería ninguén...
A antiga Grecia é coñecida polas súas escolas de filosofía. Unha destas era a escola dos Cínicos fundada por Antístenes de Atenas (444-365 a.C.). Cínico ven de Cinosarxes, Κυνόσαργεςen grego, nome dun ximnasio nas aforas de Atenas, pois foi alí onde estableceu a escola. Cínico en grego é κυνικός, que deriva de κύων (can). Antístenes era seguidor de Sócrates e tomaba exemplo da natureza e dos animais. Exhortaba un pensamento individual e unha vida sinxela, autosuficiente e afastada dos praceres materiais. Dióxenes de Sínope “o Cínico” (404-323 a.C.) é a figura máis representativa do Cinismo. Era unha persoa moi áspera que vivía como un can, é dicir, durmía na rúa e comía o que lle dera a xente. Pero, a pesar diso, chegou a ser moi coñecido e apreciado polas máximas figuras do seu tempo. De Dióxenes quedáronnos peculiares frases como as seguintes: Un xoven díxolle: «todos rinse de ti», a isto Dióxenes respondeu: «Probablemente os asnos rinse de ti, pero a ti nonche importa. Igual que a min non me importa os que se rin de min». Un día Dióxenes estaba sentado comendo un prato de lentellas. Neste momento chegou Aristipo, outro filósofo que traballaba para o rei e díxolle: «Mira, se ti traballases para o rei, non terías que comer lentellas». Dióxenes contestoulle: «Mira, se ti comeses lentellas, non terías que traballar para o rei». E a máis coñecida foi a que lle dixo a Alexandre Magno, cando este decidiu ir velo pois se interesara pola súa fama. Encontrouno tomando o sol e díxolle: -Pídeme calquera desexo. -¿Calquera cousa? respondeu Dióxenes. -Si -Pois entón móvete, que me estás tapando o sol. E ben, elixín esta palabra porque me encantan as persoas cínicas, pois “un cínico é unha persoa que está disposta a cuestionar calquera afirmación que pretenda ser certa, exixir coherencia na lóxica, claridade na definición e unha demostración adecuada”, polo tanto, trátase de persoas moi intelixentes e difíciles de enganar… quen non aspira a ser así?