Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Arquivo: Marzo 2008

LICANTROPÍA

kelly91 12/03/2008 @ 21:08
Lobishome

O termo licantropía ven do grego λυκάνθρωπος, de λύκος, lobo, e άνθρωπος, home.
É a capacidade ou o poder dun humano de experimentar unha transformación nun lobo, é unha enfermidade mental na cal o enfermo cre que é ou que se transformou nun animal e compórtase como tal.

Dentro da licantropía hai tres niveis:

-No primeiro nivel presentase un desequilibrio mental no cal se cre que é un animal e se actúa conforme a éste. Aparecen síntomas de mala alimentación e males provocados por comer excesivamente carne crúa. Prodúcese unha conduta inestábel, cambian dun estado de ánimo a outro e teñen agresividade constantemente.

-No segundo nivel o enfermo segue mantendo un carácter inestábel e é moi agresivo, sente unha fame extrema e pode chegar a matar ou a morder calquera parte do corpo sen chegar a comela. Non ataca as persoas coñecidas e son estas as que o axudan a estabilizarse. Neste nivel os enfermos despois do seu ataque non recordan nada do que fixeron nin da súa gravedade.

-No terceiro nivel cando sofre un ataque recorda todo o que fixo e incluso arrepíntese se fixo algo malo. Non os controla ninguén, son idependentes e nobres, darian o que fose polas persoas que coñecen, son fieis, protectores e amigables igual que os lobos. Non lles importa a súa vida e buscan calquera pretexto para morrer.

QUIRÓPTERO

aitor91 10/03/2008 @ 23:43

Quiróptero, do grego χείρ, χειρός, man e πτερόν,-οῦ, á.

De nome común morcego, o quiróptero é un animal vertebrado de orde mamífera, unguiculado (que ten unllas ou garras) e catro extremidades con cinco dedos.

Os catro últimos dedos das súas extremidades anteriores son extremadamente alongados e unidos entre si por unha fina membrana cutánea que continúa ao longo de dita extremidade ás costas do corpo, as patas traseiras e a cola, a modo de á. Ten as patas posteriores voltas cara fóra cos xeonllos cara atrás.

É o único mamífero que é capaz de realizar un voo verdadeiro grazas ao bater da súas ás.

">

PIROMANÍA

sara91 06/03/2008 @ 15:07

Piromanía do grego πῦρ, πυρός, lume, e μανία,-ας, manía.

É un trastorno ou enfermidade psicolóxica que produce un gran interese polo lume, como producilo, observalo e extinguilo.
A sintomatoloxía esencial é producir incendios de forma deliberada e consciente. O suxeito experimenta alivio ao encender o lume, presencialo ou ao participar nas súas consecuencias.

A persoa que padece piromanía recibe o nome de pirómano.