ANOREXIA
Provén do grego ἀν- (negación) mais ὄρεξις (apetito). É un síntoma frecuente en multitude de enfermidades e situacións fisiolóxicas consistentes na diminución do apetito, o que pode conducir a unha diminución da inxesta de alimentos.
Como xa dixen, pode aparecer en moitas enfermidades de carácter fisiolóxico (depresión endóxena) mais as causas mais frecuentes da súa aparición, na actualidade, son trastornos psicolóxicos como a depresión esóxena ou a anorexia nerviosa.
É unha das enfermidades psicolóxicas mais duras e complexas de curar. Os pacientes adoitan ser mulleres de entre 15 e 30 anos. A súa terapia é longa e ás veces os seus síntomas non desaparecen por completo.
As causas do comezo desta enfermidade son moi diversas, mais adoitan ser unha baixa autoestima e un exceso de autoesixencia.
As súas consecuencias son terribles para o organismo, entre elas, unha diminución considerable do peso, deficiencia de vitaminas e substancias necesarias para un correcto funcionamento dos órganos vitais, etc. Debido ao provocamento do vómito, moi habitual nesta enfermidade, tamén se desgasta o esófago e todo o aparato dixestivo debido á bile.
A nivel psicolóxico as súas consecuencias tamén son nefastas, pois a deformación perceptiva do volume do corpo é moi difícil de curar e superar.
Ben, elixín este helenismo porque na sociedade actual os índices de anorexia son cada vez mais preocupantes e ademais os comezos son a idades máis temperás aínda…
Creo que é unha das enfermidades mentais “de moda” e debido, en moitos casos, á presión da moda e da publicidade que “obrigan” a ter unhas medidas antinaturais…


Chúzao |
del.icio.us 
Tocoloxía (do grego τóκος, parto, e λóγος, ciencia)
O concepto tanatoloxía procede do grego θάνατος, morte, e λóγoς, ciencia. Ciencia encargada do estudo da morte. Termo acuñado polo ruso Elie Metchnikoff (1901).
Patriarca, do grego